Olivenza (en portugués Olivença) é un concello español, historicamente disputado por Portugal, situado na provincia de Badaxoz (Estremadura), preto do río Guadiana. É sede da comarca de seu nome.
Xeografía
Olivenza está situada na marxe esquerda do río Guadiana, a 23 km da cidade de Elvas e 24 km de Badaxoz. A área do concello oliventino é de 430 km². O territorio é de forma triangular, con dous dos seus vértices no río Guadiana.
O concello de Olivenza inclúe hoxe dúas vilas e catro aldeas: San Francisco e San Rafael (vilas); e Villarreal, Santo Domingo, San Benito de la Contienda e San Jorge de Alor (aldeas).
Historia Forma parte de España dende a Guerra das Laranxas, que tivo lugar en 1801. Portugal non recoñece oficialmente a soberanía española sobre o territorio . De feito, neste concello fálase o dialecto oliventino, dentro do mapa dialectal do portugués europeo.
En 1801 o concello de Olivenza estaba constituído polas seguintes freguesías:
Santa Maria do Castelo (Olivenza) Santa Maria Madalena (Olivenza) São Jorge da Lor São Domingos de Gusmão Nossa Senhora da Assunção da Talega ou Táliga, actualmente concello español. A aldea de Vila Real, tamén situada no actual concello de Olivenza, formaba parte en 1801 da freguesía e concello de Juromenha, que agora integra o municipio portugués de Alandroal.
Demografía
Véxase tamén Outros artigos Grupo dos Amigos de Olivença - Sociedade Patriótica
Ligazóns externas Olivenza - Deputación de Badaxoz
Categoría:Olivenza