Molchat Doma (en ruso Молчат Дома, "Casas en silencio") é unha banda de post punk belarusa. A súa música combina elementos de post-punk, new wave, darkwave e mais synth-pop. Segundo as métricas de Spotify, as cidades con maior número de ouvintes da banda son Cidade de México, Santiago de Chile, Os Ánxeles (Estados Unidos), Helsinqui e Estocolmo.
Historia A banda fundouse a comezos do ano 2017 en Minsk, por Egor Shkutko e Roman Komogortsev. Nun principio o grupo estaba formado por Komogortsev e Shkutko, este último como baixista. Buscando deron ao pouco tempo con Pavel Kozlov. Kozlov uniríase a metade de ano e Molchat Doma estableceríanse como un trío musical.
O grupo foi contratado polo selo independente alemán Detriri Records, publicando os álbums С крыш наших домов en 2017 e Этажи no ano seguinte. Este último foi incluído nos "20 mellores álbums de 2018" segundo os críticos británicos.
thumb|Molchat Doma en "Kablys + Kultūra" (Lituania) o 6 de outubro de 2019. En 2019 presentáronse en festivais como Pop-Kultur (Berlín, Alemaña) e Tallinn Music Week (Talín, Estonia), onde foron eloxiados polo xornalista británico Kiron Tyler. Tyler afirmou deles que "son un grupo de clase mundial" e que "a comprensión instintiva do trío é especial". Entre o 5 e o 8 de novembro de 2019 a banda xirou por España, sen parada en Galicia.
En xaneiro de 2020 asinaron coa casa neoiorquina Sacred Bones, reeditando os seus dous primeiros álbums en vinilo para América. Ademais, a banda xiraría por primeira vez en Norteamérica, xunta Chrysta Bell, sumada a unha presentación en Fluff Fest (República Checa), festival independente orientado normalmente ao hardcore punk. Estes concertos foron cancelados debido á pandemia de COVID-19.
A banda contribuíu a un álbum tributo a Black Sabbath, titulado What Is This That Stands Before Me?, xunto con outras bandas de Sacred Bones. Interpretaron a súa propia adaptación de "Heaven and Hell" en ruso. O álbum foi publicado en maio de 2020, e a canción foi sacada como sinxelo en plataformas dixitais.
O 25 de agosto de 2020, xunto a Molly Nilsson, The Youth Underground e diversos músicos de orixe europea participaron no álbum For Belarus, de vinte e dúas cancións. Molchat Doma cedeu a canción "Я не коммунист" ("Eu non son comunista"). Os fondos obtidos da venda do álbum, cuxo prezo é voluntario, serán destinados para Belarus Solidarity Foundation, entidade que apoia a cidadanía reprimida pola súa participación nas folgas e protestas de Belarús.Molchat Doma y mas músicos lanzan el álbum For Belarus Indie Rocks. Consultado o 9 de outubro de 2020.
O 15 de setembro de 2020 anunciaron que editarán o seu terceiro álbum, titulado Monument.
Estilo musical e influencias Molchat Doma ten declarado que foron influenciados polo rock ruso dos anos 80, da era da Perestroika e especialmente de Kino. Tamén citaron a The Cure, Joy Division e Depeche Mode.
No seu sitio web, o trío describe o seu son como "post-punk, new wave e un extremadamente escuro synth-pop". A súa música tamén se considera coldwave. Nas súas cancións destaca o lugar que ocupa a caixa de ritmos substituíndo a batería. O sitio web Emerging Europe describiu as súas letras como "non explicitamente antisoviéticas" senón "[pintando] unha imaxe sombría da vida baixo o comunismo, así como da vida contemporánea en Belarús, un país que aínda intenta liberarse das cadeas do seu pasado comunista."Se existisen hai corenta anos, a censura estatal soviética negaríalle á banda o dereito de gravar". Molchat Doma tense relacionado asiduamente coa música doomer, un tipo específico de música que contén atmosferas frías e sombrías, letras tristes e introspectivas xeralmente centradas na soidade e un son distópico. Como resultado, moitas das súas cancións aparecen en "listas de reprodución doomer" de YouTube, algo que xogou un papel clave na súa popularidade. Unha crítica do seu primeiro álbum en 2017 sinalou que:
Membros Egor Shkutko – voces Roman Komogortsev – guitarras, sintetizadores, caixa de ritmos, percusión Pavel Kozlov – baixo, sintetizadores
Discografía С крыш наших домов/S krysh nashikh domov (2017) Этажи/Etazhi (2018) Монумент/Monument (2020)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Grupos musicais de Belarús Categoría:Grupos musicais de post-punk