dereita|miniatura|Galicia de Mugardos 2023-24.
A Sociedade Deportiva e Cultural Galicia, coñecida como Galicia de Mugardos, é un club de fútbol galego fundado en 1953 na parroquia de Meá, no concello de Mugardos. Actualmente compite no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Historia Antes do Galicia O fútbol chegou a Mugardos a través dos traballadores que estaban empregados en Bazán, na construción naval, e que tiñan contacto con capataces ingleses. Na década de 1920 empezaron a organizarse en Mugardos equipos informais que ían xogar a Ares.
Antes da formación definitiva da Sociedade Deportiva e Cultural Galicia creáronse outros conxuntos, a maior parte efémeros. O Sporting Pedreira (1924), na parroquia de Meá, financiada pola emigración cubana. Este equipo mercou o primeiro balón de coiro.Historia do Galicia de Mugardos , Web do club O Príncipe dos Casás (segunda metade da década dos 20), no lugar dos Casás, na mesma parroquia de Meá. O Victoria de Mugardos (segunda metade da década dos 20) O Comercial, resultado en 1929 da fusión do Victoria e do Sporting, promovido pola hostalería mugardesa. O Ocaso (1929-1933), creado polo dono da funeraria homónima. O Estudiantil (1933), na Pedreira, promovido por Aurelio Maceiras O Fortuna (1933), na vila de Mugardos, promovido por José Alguacil. O Galicia Sociedade Deportiva (1934), produto da fusión do Fortuna e do Galicia SD, que xogaba no Campo do Novás.
Durante a guerra, estes equipos desaparecen, e volven formarse outros ao remate da contenda. O Victoria de Mugardos (ao redor de 1940) O Galicia da Pedreira (ao redor de 1940). A Unión Mugardesa (de 1942 a 1945), produto da fusión dos dous anteriores.
O Galicia de Meá En 1952 decídese crear un novo equipo que, para recoller a tradición dos conxuntos anteriores, nomea presidente de honra a Aurelio Maceiras, denomínase Galicia, e mantén as mesmas cores có Galicia de 1934, a verde e a branca. O primeiro presidente foi José Martínez Rojo "O Cheo" e inscríbese no Goberno Civil o 30 de maio de 1953. O primeiro partido oficial disputouno o 13 de decembro de 1953 contra o Espartero ferrolán.
Na actualidade ten ao redor de 500 socios.
Datos do club dereita|miniatura|Campo da Pedreira.
Historial na liga
TempadaCategoríaPosto2000/011ª Autonómica13º2001/021ª Autonómica9º2002/031ª Autonómica7º2003/041ª Autonómica2004/05Preferente2005/061ª Autonómica3º2006/071ª Autonómica3º2007/081ª Autonómica3º2008/091ª Autonómica2009/10Preferente9º2010/11Preferente13º2011/12Preferente16º2012/13Preferente10ºTempadaCategoríaPosto2013/14Preferente10º2014/15Preferente2015/163ª2016/17Preferente2017/181ª Autonómica5º2018/191ª Autonómica 10px2019/20Preferente5º2019/20non competiu2021/22Preferente/ 2022/23Preferente8º2023/24Preferente10º2024/25Preferente
Cadro de presidentes dereita|miniatura|Brath Miraz e José María Criado Labajo, presidentes de Galicia de Mugardos e Racing de Ferrol. 1953–1954: José Martínez Rojo
1954–1956: Antonio Martínez Doval 1956–1957: José Díaz Fernández 1957–1958: Antonio Martínez Doval 1958–1959: José Martínez Rojo 1959–1961: José Díaz Fernández 1961: Juan Prados Blanco (en funcións) 1961–1962: Alejandro Toimil Casal 1962–1964: Avelino Blanco 1964–1966: Juan Ameneiro Martínez 1966–1967: Arturo Iglesias Martínez 1967–1969: Antonio Vázquez Añón 1969–1974: Alfredo Díaz Bravo 1974–1975: José Martínez Rojo 1975: M. Vila Martínez (en funcións) 1975–1978: José Manuel López Martínez 1978: Julio Regueiro Rey (en funcións) 1978–1979: Alfredo Díaz Bravo 1979: Arturo Iglesias Martínez 1979–1980: Alfredo Díaz Bravo 1980–1985: José M. Varela Toimil 1985–1988: Agustín Martínez Silva 1988–1992: Alfredo Díaz Bravo 1992–1997: Antonio Martínez Romero 1997–2008: Xosé A. Bouza Rei 2008–2012: Domingo Martínez Garabana 2012–2015 : Javier García Dieste 2015-2022: Domingo Martínez Garabana 2022-... : Brath Miraz Casal
Palmarés Copa Galicia (1): 1983/84
Notas
Véxase tamén SDC Galicia de Mugardos Outros artigos Campo da Pedreira
Galicia Galicia de Mugardos