Na mitoloxía grega, Tía, a Divina, Tea ou Teia Tamén escrito Thea, Thia ou Theia. (en grego Θεία), tamén chamada Eurifaesa (Ευρυφαεσσα Euryphaessa, 'a de amplo brillo' Segundo Homero no chamado Himno homérico., era unha Titánide, filla de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo). Considerouse deusa da vista e a que dotaba ó ouro, á prata e ás xemas do seu brillo e valor Píndaro di de Tía: Madre do Sol, Tea de moitos nomes, por ti os homes honran o ouro por riba de todo o demais..

Mitoloxía Uniuse a Hiperión, un dos seus irmáns, do que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Eos (a Aurora) e Selene (a Lúa).

Noutras tradicións, Tía é o nome dunha ninfa que se uniu a Apolo, con quen tivo un fillo chamado Delfo. Outras fontes fana amante de Poseidón ou do mesmo Zeus, con quen tivo dous fillos: Magnes e Macedón.

Trala Titanomaquia, na que as Titánides permaneceron neutrais, foi vivir ó palacio do seu fillo Helios. Notas

Véxase tamén

Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.

HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA

Categoría:Titáns Categoría:Deusas lunares