A tempada 2020-2021 foi a 52ª edición da OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns de España.

Comezou o 26 de setembro de 2020 e rematou o 29 de maio de 2021. O FC Barcelona foi o equipo campión, por oitavo ano consecutivo.

Sistema de competición A pandemia por coronavirus obrigou a suspender a tempada anterior antes de que esta se completase e sen producirse ningún descenso, pero si dous ascensos dende a OK Liga Prata (Mataró e Vendrell), polo que a tempada 2020/21 conta con 16 equipos. O sistema de competición é o dunha liga regular de todos contra todos e dobre volta.

Ademais elimináronse os play-offs trala recomendación do Consello Superior de Deportes de acurtar o máximo posible a tempada ante as posibles repuntas da enfermidade, polo que o primeiro clasificado despois das 30 xornadas será proclamado campión.

Catro equipos españois disputarán en 2020/21 a Liga Europea. Serán o campión da OK Liga, o campión da Copa do Rei 2020/21 e o campión da Liga Europea 2020/21 en caso de ser español, mentres que os seguintes clasificados de liga repartiranse o resto de prazas ata cubrir as catro. Os que rematen do 5º ao 8º posto competirán na Copa WSE. Os catro últimos clasificados ao remate da tempada descenderán directamente á OK Liga Prata, da que ascenderán á súa vez directamente dous equipos (o primeiro de cada un dos dous grupos), para volver na tempada 2021/22 aos 14 equipos. Ademais os equipos clasificados no 11º e 12º lugar deberán xogar unha fase de permanencia/ascenso contra os segundos clasificados dos dous grupos da OK Liga Prata. Será unha única eliminatoria a dobre volta para cada un dos equipos, definíndose os emparellamentos por sorteo. Os dous gañadores de cadansúa eliminatoria xogarán na OK Liga na tempada 2021/22.

Equipos

Ascensos Grupos Ascensos dende a OK Liga Prata Puntos Norte Mataró 30 Sur Vendrell 39

Equipos participantes Equipo Cidade PavillónAdestrador FC Barcelona Barcelona Palau Blaugrana Edu Castro Calafell Tot L'Any Calafell Joan Ortoll Pere Varias Recam Làser Caldes Caldes de MontbuiTorre Roja Eduard Candami Garatge Plana Girona Xirona Pavelló de Palau II Ramon Benito Igualada Rigat Igualada Les Comes Francesc Linares Deportivo Liceo A Coruña Riazor Juan Copa Lleida Llista Blava LleidaOnze de Setembre Albert Folguera Lloret Vila Esportiva Lloret de Mar Pavillón Municipal Xavier Albet Mataró MataróJaume Parera i Leon Albert Larrea Noia Freixenet Sant Sadurni d'Anoia Ateneu Agrícola Ferran López Palafrugell Palafrugell Pavillón Municipal Xavier García Reus Deportiu Miró Reus Palau Reus Deportiu Jordi García Taradell Taradell El Pujoló Ferran Moreno Vendrell El Vendrell Pavillón de Vendrell Josep Lluís Del Riu Vic Vic Pavillón Olímpico Quim López Voltregà Stern Motor Sant Hipòlit de Voltregà Pavillón Municipal Manolo Barceló

Equipos por comunidade autónoma Núm Comunidade Autónoma Equipos 15 FC Barcelona, Calafell Tot L'Any, CH Caldes, Girona CH, Igualada HC, Lleida Llista Blava, Lloret Vila Esportiva, Mataró, CE Noia, Palafrugell, Reus Deportiu Miró, Taradell, CE Vendrell, CP Vic e CP Voltregà 1Liceo Por primeira vez na historia da competición, participan 15 equipos cataláns na liga, sendo o HC Liceo o único club non catalán.

Clasificación PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG1FC Barcelona8330272120854154Clasificados para a Liga Europea2Deportivo Liceo7630251413151803CH Caldes Recam Làser6230195611586294Reus Deportiu Miró6130194715787705CE Lleida Llista Blava54301668967521Clasificados para a Copa WSE6CE Noia Freixenet453014313117106117CP Voltregà Stern Motor413012513949228CP Calafell Tot L'Any3930123158396 -139Igualada Rigat HC39301231590102-1210Garatge Plana Girona CH3830108127989 -1011CH Palafrugell3630991293111 -18Fase de permanencia12CE Vendrell2930781579106-2713CP Taradell2830771676133 -57Descenden á OK Liga Prata14CH Lloret Vila Esportiva25305101583135-5215CP Vic1530432359140-8116CH Mataró830152454151 -97

Goleadores Os máximos goleadores da competición son: PosXogadorEquipoGoles1 Àlex RodríguezReus Deportiu Miró372 Jordi AdroherDeportivo Liceo333 João RodriguesFC Barcelona334 Pablo ÁlvarezFC Barcelona315 Hélder NunesFC Barcelona306 Eloi MitjansCP Calafell297 Xavi CostaNoia Freixenet298 David GelmàGaratge Plana Girona CH279 Marc GonzálezCH Lloret Vila Esportiva2710 Raül MarínReus Deportiu Miró26

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Federación Española de Patinaxe .

Categoría:2021 en España Categoría:Hóckey a patíns en 2020 Categoría:Tempadas da OK Liga Categoría:Hóckey a patíns en 2021