Ayrton Senna da Silva, nado en São Paulo o 21 de marzo de 1960 e finado en competición no Autódromo Enzo e Dino Ferrari de Imola durante o Gran Premio de San Marino o 1 de maio de 1994, foi un piloto de Fórmula 1 brasileiro.
Traxectoria miniatura|Senna participando nunha carreira de karts. Senna naceu no seo dunha familia podenteCrocitti, John e Valance, Monique (2011) Brazil Today: An Encyclopedia of Life in the Republic ABC-CLIO, p. 601, o seu pai era o empresario e terratenente Milton da Silva e a súa nai, de orixe italiana, Neide Senna da Silva. Comezou a conducir karts na infancia nas propiedades da familiaCraig, Richard (2012) Ayrton Senna: The Messiah of Motor Racing. Darton, Longman e Todd, p. 71 e aos sete xa era capaz de conducir un jeepKapadia, Behram (2004). Formula One: The Story of Grand Prix Racing. Silverdale Books. p. 66. En 1973 ao chegar á idade mínima para poder competir legalmente comezou a participar en carreiras de kartsFriedman, Ian (2007) Latino Athletes Facts on File, p. 220. Participou nos Campionatos Mundiais de Karting de 1978 a 1982, quedando segundo en 1979 e 1980. En 1981 mudouse a Gran Bretaña para competir en Fórmula Ford 1600 co equipo Van Diemen. Ao ano seguinte competiu en Fórmula Ford 2000 e en 1983 en Fórmula 3 co West Surrey Racing, gañando o campionato británico e o Gran Premio de Macau.
Fórmula 1 Foi tres veces campión do mundo, nos anos , e . Logrou tamén dous subcampionatos en e en , os dous por detrás do seu gran rival o francés Alain Prost.
O equipo onde Ayrton debutou na Fórmula 1 foi Toleman, para despois competir desde ata en Lotus, desde ata en McLaren e en en Williams.
O seu primeiro podio, foi no Gran Premio de Mónaco de 1984, baixo unha intensísima choiva. Ayrton partiu dende a décimo terceira posición na grella e logrou alcanza-la segunda posición detrás de Alain Prost, nunha carreira atípica que só durou 31 voltas. O propio Alain Prost confesou nesa carreira que se chegase Ayrton a alcanza-lo coche de Alain, este o tería deixado pasar, xa que Ayrton ese ano non tería opcións de disputa-lo mundial.
Gañou a súa primeira carreira en no Autódromo do Estoril, en Portugal, baixo unha choiva torrencial, cando militaba no equipo Lotus. Esta vitoria afianzaba a Senna como todo un especialista en correr baixo choiva de feito era capaz de correr en choiva con pneumáticos de seco, como demostrou no Gran Premio de Bélxica de 1992.
Toleman (1984) miniatura| O Toleman TG184 de Senna de en exhibición na Donington Grand Prix Collection
En 1983, Senna probou para os equipos de Fórmula Un Williams, McLaren, Brabham e Toleman. Peter Warr de Lotus, Ron Dennis de McLaren, e Bernie Ecclestone de Brabham fixeron ofertas para 1984. Durante a súa proba para Williams de 3.149 quilómetros no circuíto de Donington Park, Senna completou 40 voltas e foi máis rápido que os outros pilotos, incluíndo o Williams do campión do mundo Keke Rosberg. Nin Williams nin McLaren tiñan unha vacante para a tempada de . Tanto o xefe de Williams Frank Williams como o xefe de McLaren, Ron Dennis, sinalaron que Senna pilotara os seus coches mellor que ninguén (á parte dos seus pilotos regulares como Rosberg), de modo que tería unha futura oportunidade con eles para ter un coche novo.
Peter Warr en realidade quería substituír a Nigel Mansell por Senna en Lotus, pero o seu patrocinador con sede en Gran Bretaña, Imperial Tobacco (John Player & Sons), quería un piloto británico. Senna, con todo, estaba decidido a pilotar esa tempada e sen dúbida cas súas propias condicións. A proba de Senna para Brabham foi en Paul Ricard, en novembro de 1983, e fixo a volta dous segundos máis lento que o piloto principal do equipo, Nelson Piquet, quen supostamente deu Senna o alcume de "o taxista São Paulo". Senna impresionou ao equipo Brabham e estaba comprometido ao seu segundo asento. Pero, o principal patrocinador do equipo, a empresa láctea italiana Parmalat, quería un piloto italiano. O segundo auto de Brabham foi finalmente compartido polos irmáns Teo e Corrado Fabi, mentres que Piquet convenceu Ecclestone para asinar ao seu amigo Roberto Moreno como piloto de probas.Rubython, Tom, The Life of Senna (2004), p. 90 En consecuencia, uniuse a Toleman, un equipo relativamente novo, usando pneumáticos Pirelli menos competitivos.Hilton (2004), pp. 121–122. pp. 134–135 O venezolano Johnny Cecotto, un antigo campión do mundo de motociclismo, foi o seu compañeiro de equipo. Durante 1984, Senna contratou a Nuno Cobra para avaliar a súa condición física. Senna estaba preocupado pola súa condición debido ó baixa de peso."Ayrton Senna – The Right to Win (2004)
Senna fixo o seu debut no Gran Premio do Brasil de 1984 en Río de Janeiro, onde cualificou 17º, pero tivo o dubidoso honor de ser o primeiro abandono da tempada cando o turbo do seu motor Hart 415T explotou na volta 8. Logrou o seu primeiro punto no Campionato Mundial na súa segunda carreira no Gran Premio de Suráfrica en Kyalami con espasmos musculares severos, replicando ese resultado dúas semanas máis tarde no Gran Premio de Bélxica.
Unha combinación de problemas de pneumáticos e un problema de presión de combustible provocaron o seu fracaso para cualificar para o Gran Premio de San Mariño, a única vez que sucedeu durante a súa carreira. Toleman decidiu non presentar os dous coches durante o venres de cualificación en Imola debido a unha disputa co fornecedor de pneumáticos Pirelli (Toleman estaba en proceso de cambiar de Pirelli a Michelin). Senna sufriu un problema de presión de combustible na chuviosa sesión do sábado en Tosa (o punto máis afastado dos boxes do circuíto) e non tivo tempo suficiente para arranxalo e poder cualificarse na grella.Hilton (2004), p 138. O mellor resultado de Senna da tempada chegou no Gran Premio de Mónaco, a primeira carreira sobre mollado da tempada. Cualificou 13º na grella, fixo unha progresión constante a través da pista, pasando a Niki Lauda polo segundo posto na volta 19. Rapidamente comezou a cortar a brecha co líder Alain Prost, pero antes de que puidese atacar a Prost, a carreira detívose na volta 31 por razóns de seguridade, xa que a choiva era cada vez maior. No momento no que detívose a carreira, Senna reducía a distancia con Prost uns 4 segundos por volta.Mark Hughes and Simon Arron, The Complete Book of Formula One (Motorbooks International, 2003), p. 310. Senna pasou a Prost cando Prost se detivo diante da bandeira vermella, antes do final da volta 32º. De acordo coas regras, as posicións eran as da última volta completada por cada piloto, a volta 31, momento no que Prost aínda lideraba.Hamilton, Maurice (1984) Autocourse 1984–85 p.141 Hazleton publishing ISBN 0-905138-32-5 O segundo lugar de Senna foi o seu primeiro podio na Fórmula Un. A crenza popular é que o McLaren - TAG con importantes problemas nos freos (que fallaban continuamente debido a que non xeraba suficiente calor nesas condicións), coa terminación prematura da carreira roubara a Senna o seu primeiro triunfo nun Gran Premio. Pero, os mecánicos de Toleman confirmaron posteriormente que o Toleman TG184 sufrira significativos danos na suspensión debido a un incidente de carreira, e ao seu constante paso sobre os bordos na chicana du Port e da Piscine (piscina) nas últimas voltas antes da bandeira vermella. Os mecánicos confirmaron que de non deterse a carreira, Senna veríase obrigado a retirarse logo dun par de voltas.
Coñecido en toda a súa carreira pola súa capacidade para proporcionar detalles técnicos moi específicos sobre o rendemento dos seus coches e condicións da pista moito antes da chegada da telemetría, esta característica levou ao primeiro enxeñeiro de carreira na F1 de Senna, Pat Symonds, a considerar o Gran Premio dos Estados Unidos en Dallas como o punto culminante inicial da tempada de debut de Senna, no canto de Mónaco, o máis popular, onde Senna e Toleman anotaron o seu primeiro podio. Dito por Symonds nunha entrevista en 2014, co gallo do 20 aniversario da morte de Senna:O coche era razoablemente competitivo, así que esperabamos que fixera unha boa carreira, pero Ayrton trompeou no inicio da carreira. Logo comezou a remontar a través da pista dun xeito moi eficaz e buscabamos un bo resultado pero logo golpeou o muro, danando a roda traseira e o eixe de transmisión e retirouse, o cal foi unha verdadeira mágoa. O verdadeiramente significativo foi que cando regresou aos boxes, contoume o que pasou e dixo: "Estou seguro de que o muro moveuse!" e aínda que eu oira as máis incribles escusas de moitos pilotos, certamente xamais oíra algo semellante! Pero Ayrton era Ayrton, coa súa fe incrible en se mesmo, a súa convicción absoluta, entón convenceume para ir con el, logo da carreira, para botar unha ollada ao lugar onde se estrelou. E tiña toda a razón, era a cousa máis incrible! Sendo Dallas un circuíto urbano, a pista estaba rodeada de bloques de formigón e o que pasara, podíamos ver as marcas de pneumáticos, era que alguén golpeara no extremo do bloque de formigón e o movera lixeiramente, de modo que o bordo dianteiro do bloque estaba adiantado uns poucos milímetros. E Senna estaba pilotando con tal precisión que eses poucos milímetros foron a diferenza entre golpear o muro ou non golpealo. Aínda que eu estaba, nun primeiro momento, molesto por ter que retirarnos da carreira por un erro do piloto, cando vin o que pasara, cando vin como pilotaba, aumentou unha enormidade o meu respecto por ese home.
miniatura| Senna gañou a carreira de exhibición para celebrar a inauguración do novo Nürburgring en 1984. Esa tempada, Senna logrou dous podios máis, foi terceiro nos grandes premios do Reino Unido e Portugal, e rematou no noveno posto no Campionato de Pilotos con 13 puntos totais. Non participou no Gran Premio de Italia logo de que fora suspendido por Toleman por violar o seu contrato, coa firma con Lotus para 1985, sen informar primeiro ao equipo Toleman.Hilton (2004), pp. 149–152. Senna converteuse no primeiro piloto de Lotus en asinar co equipo sen ser elixido persoalmente polo fundador do equipo Colin Chapman, que morrera en 1982.
Senna tamén competiu en dúas grandes carreiras fora da Fórmula Un en 1984: O ADAC 1000 km de Nürburgring, onde, xunto a Henri Pescarolo e Stefan Johansson, co-pilotaron un Joest Racing Porsche 956 para terminar oitavos, así como unha carreira de exhibición para celebrar a inauguración do novo Nürburgring antes do Gran Premio de Europa , á que asistiron varios antigos e actuais pilotos de Fórmula 1, cada un pilotando autos idénticos Mercedes 190E 2,3-16. Senna gañou a Niki Lauda e Carlos Reutemann (a carreira tamén incluíu antigos, presentes e futuros campións do mundo como Jack Brabham, Denny Hulme, Alan Jones, Nelson Piquet, e Alain Prost). Logo da carreira, Senna foi citado dicindo, "Agora sei que podo facelo."Hilton (2004), p 140. Senna foi incluído no último momento na carreira de Mercedes, substituíndo a Emerson Fittipaldi.
Lotus (1985-1987) 1985
No seu primeiro ano en Lotus-Renault Senna foi compañeiro do piloto italiano Elio de Angelis. Na segunda rolda da tempada, o Gran Premio de Portugal, Senna logrou a primeira pole position da súa carreira de Fórmula 1 e converteuna na súa primeira vitoria, disputouse baixo a chuvia, gañando por máis dun minuto a Michele AlboretoTimothy Collings and Sarah Edworthy, The Formula One Years: A Season-by-Season Account of the World's Premier Motor Racing Championship from 1950 to the Present Day (Carlton Books, 2002), p. 208. e dobrando a todo o mundo ata e incluíndo o terceiro clasificado Patrick Tambay. A carreira foi o primeiro 'Grand Slam' da andaina de Senna, xa que tamén marcou a volta rápida da carreira.