O Raholan Pyrkivä, tamén coñecido pola súa abreviatura RaPy, é un equipo de baloncesto da cidade de Tampere (Finlandia). Na tempada 2020-21 compite na segunda categoría do baloncesto finlandés, a Koripallon I-divisioona. Disputa os seus partidos como local no Tesoman palloiluhalli, un pavillón con capacidade para 1 000 persoas.
Historia O Raholan Pyrkivä fundouse en 1946 como club de ximnasia e deportes, aínda que co paso do tempo acabou por converterse en club de baloncesto.
Pavillón miniatura|O Tesoman palloiluhalli, fogar do Raholan Pyrkivä.
O Raholan Pyrkivä xoga os seus partidos como local no Tesoman palloiluhalli, un pavillón inaugurado en xullo de 2016 e cunha capacidade para 1 000 persoas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Finlandia Categoría:Deporte en Tampere