Gustavo César Veloso, nado o 29 de xaneiro de 1980 en Vilagarcía de Arousa, é un exciclista e director deportivo galego. Profesional entre os anos 2001 e o 2021, en 2023 dirixe o equipo ciclista portugués Tavfer-Mortágua-Ovos Matinados. É un histórico competidor da Volta a Portugal, que gañou dúas veces (2014 e 2015) e onde subiu ao podio final nun total de seis ocasións, logrando ademais 12 vitorias de etapa. Gañou tamén unha etapa da Volta a España, no 2009.

Traxectoria Ciclista

Comezou a súa andaina no equipo Club Ciclista Cultural Cambados ás ordes de Xosé María Conde Osorio, equipo do que saltou a profesionais despois de innumerables vitorias como afeccionado e de ser mundialista en Plouay. Debutou como profesional no 2001 co equipo portugués Carvalhelhos-Boavista, pasou polo Relax-Bodisol e Kaiku antes de recalar no Karpin Galicia, posteriormente denominado Xacobeo Galicia. Nas filas do equipo galego proclamouse vencedor en 2008 da Volta a Cataluña e o 7 de setembro de 2009 gañou a 9ª etapa da Vuelta a España en solitario; con 21 segundos de diferenza sobre Marco Marzano tras un duro ataque. En 2009 correu tamén o Giro de Italia. Por mor da repentina desaparición do equipo a finais do 2010, Veloso non tivo tempo a encontrar un equipo para a tempada 2011, polo que estivo un ano e medio sen competir. En 2012 volveu ao pelotón nas filas do Andalucía. Con todo, tamén o equipo andaluz desapareceu a comezos de 2013, polo que acabou fichando polo equipo portugués OFM-Quinta da Lixa. Ese mesmo ano gañou unha etapa da Volta a Portugal e rematou segundo na xeral final, só por detrás do seu compañeiro Alejandro Marque. A finais de ano renovou contrato co equipo.

En 2014 gañou outra tirada da Volta a Portugal e proclamouse vencedor final da Volta na chegada a Lisboa. Ao ano seguinte gañou de novo a Volta a Portugal, conseguindo ademais dúas vitorias de etapa. En 2016 gañou tres tiradas pero só puido ser subcampión, a máis dun minuto e medio do seu compañeiro Rui Vinhas. En 2017 conseguiu dúas novas vitorias de etapa na Volta a Portugal e en 2018 gañou unha na Volta ó Alentexo. No ano 2019 quedou terceiro na Volta a Portugal e en 2020 volveu quedar segundo, despois de gañar as dúas contra o reloxo.

O ano 2021 fichou polo Atum General-Tavira, equipo portugués de categoría Continental. Se ben esa tempada non logrou ningunha vitoria, resultou decisivo para que o seu compañeiro Alejandro Marque conquistase a etapa raíña da Volta a Portugal, con final na Torre. Nesa etapa Veloso tirou do grupo en que ía o seu compañeiro para anular unha fuga. Cando o compañeiro demarrou, Veloso secou a todos os seus rivais, impedindo que o puidesen alcanzar. Marque alzaríase co liderado da Volta nesa etapa e remataría finalmente terceiro na xeral.

Director deportivo No ano 2022 iniciou a súa carreira como director deportivo, nas filas do equipo portugués Tavfer-Mortágua-Ovos Matinados, de categoría Continental. O inicio da tempada foi bastante exitoso, con vitorias na Prova de Abertura Região de Aveiro, na clasificación da montaña da Volta ao Alentejo e a vitoria na 3ª etapa da Volta ao Algarve.

Equipos como profesional Carvalhelhos-Boavista (2001 - 2003) Relax-Fuenlabrada (2004) Kaiku (2005 - 2006) Xacobeo Galicia (2007-2010) Andalucía (2012) W52-FC Porto (2013-2020) Atum General-Tavira

Palmarés 2001 Gañador da Volta ás Tras-os-Montes e Alto Douro e vencedor da 4ª etapa. Gañador das Metas Volantes no Premio P. A. D.

2002 14º no C. T. T. Correos. 16º no trofeo Abimota.

2003 Gañador da Clásica de Primavera, en Portugal. Gañador do Premio do Porto e da 2ª etapa. 8º no Tour de l’Avenir. 5º no trofeo Abimota. 7º no Premio Cantañede. 16º no Campionato de España de Contra o reloxo.

2004 13º no Tour de l’Avenir, sendo líder entre a 3ª e a 5ª etapa. 2º na CRI. 3º na Clásica de los Puertos. 11º na Clásica de Villafranca de Ordicia.

2005 9º na Vuelta a Aragón. 12º na Clásica de Almería. 14º no Campionato de España de Contra o reloxo.

2006 Gañador da 5ª etapa da Volta a Portugal, e líder durante un día. 4º na 6ª etapa da Volta ao País Vasco. 7º na Vuelta a Castilla y León. 7º na Volta ao Alentejo.

2008 Gañador da Volta a Cataluña."Veloso gaña a Volta a Cataluña na última etapa" Artigo en www.anosaterra.org, 25 de maio de 2008.

2009 Gañador da 9ª etapa da Vuelta a España.

2013 Gañador da etapa raíña da Volta a Portugal.Veloso se lleva la etapa reina

2014 Gañador da Volta a Portugal. Gañador dunha etapa (contra o reloxo) da Volta a Portugal.

2015

Gañador da Volta a Portugal. Gañador de dúas etapas da Volta a Portugal. Gañador do Tour de Río e gañador dunha etapa.

2016

2º na Volta a Portugal. Gañador de tres etapas da Volta a Portugal.

2017

3º na Volta a Portugal. Gañador de dúas etapas da Volta a Portugal. Gañador dunha etapa do Trofeo Joaquim Agostinho.

2018

Gañador dunha etapa da Volta ao Alentejo.

2019

3º na Volta a Portugal.

2020

2º na Volta a Portugal. Gañador de dúas etapas (contra o reloxo) da Volta a Portugal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galegos no Giro de Italia

Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1980 Categoría:Directores deportivos de ciclismo de Galicia