Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e Santo Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial do rei. A sede do goberno e a residencia habitual do rei, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Historia

miniatura|250px|esquerda|Retrato de Ámsterdan durante a idade de ouro neerlandesa. No reinado de Carlos V, Sacro Emperador Romano e rei de España, a rexión era parte das Dezasete Provincias dos Países Baixos, abranguendo a maior parte do que hoxe é Bélxica. A proclamación da independencia (Unión de Utrecht, 1579; abdicación da soberanía española, 1581), no reinado de Filipe II, seguiu a guerra de independencia. A sinatura, baixo Filipe IV, do Tratado de Münster pon fin á Guerra dos Oitenta Anos. O imperio español recoñeceu a República Holandesa dos Países Baixos Unidos, gobernados pola casa de Orange-Nassau e os Estados Xerais, que anteriormente foran unha provincia do imperio español. Holanda tornouse así a primeira nación europea en asumir unha forma de goberno republicana.

Aínda que o novo Estado exercese autonomía apenas sobre as provincias do norte, a República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos desenvolveuse e tornouse unha das máis importantes potencias navais e económicas do século XVII. Neste período, coñecido coma a súa Idade de Ouro, os Países Baixos estenderon as súas redes comerciais por todo o planeta, estabelecendo colonias en lugares tan distantes coma Xava e o Nordeste brasileiro.

Eclipsada pola ascensión británica durante o século XVIII, a rexión foi máis tarde incorporada ó imperio francés baixo Napoleón Bonaparte. Mais no Congreso de Viena (1815), constituíuse o Reino dos Países Baixos, incluíndo os actuais Bélxica e Luxemburgo. Aquela conseguiu a súa independencia en 1830; este, que seguía regras sucesorias distintas, seguiu o seu propio camiño logo da morte do rei Guillerme III. Xa no século XIX, os Países Baixos industrializáronse máis lentamente do que o fixeron os países veciños.

Neutral na primeira guerra mundial, o país foi ocupado pola Alemaña nazi en maio de 1940, sendo liberado en 1945. Na posguerra, a economía ergueuse de novo, e o país ingresou en organizacións como o Benelux, a Comunidade Económica Europea e a Organización do Tratado do Atlántico Norte.

Seguindo, en Maastricht, a sinatura do Tratado da Unión Europea, o país foi un dos seus membros fundadores, e adheriuse ó euro en 1999, coas moedas e billetes circulando a partir de 2002.

Goberno e Política miniatura|200px|esquerda|Binnenhof, centro da política neerlandesa Os Países Baixos son unha monarquía constitucional dende 1815, antes república, de 1581 até 1806 (foi ocupada por Francia entre 1806 e 1815). A Guerra dos Oitenta Anos, entre 1568 e 1648, asegurou a independencia neerlandesa de España. Réxese de acordo ao Estatuto do Reino de 1954 e á Constitución de 1815, os cales foron reformados en innumerable cantidade de ocasións. O sufraxio universal masculino implantouse en 1917 e o feminino en 1919.

As súas políticas liberais chamaron a atención mundial particularmente na área de consumo de drogas, prostitución e eutanasia.Fuxindo da morte O país descríbese como un estado de consolidación político-social, chegando mesmo a proxectarse como un statu quo dos países do mundo. As políticas do seu goberno caracterízanse por un esforzo en alcanzar amplo consenso en decisións importantes, dentro da comunidade política e da sociedade na súa totalidade. O Estado ademais caracterízase política e socialmente por reformar institucións como a familia e permitir con iso a entrada de novas maneiras de convivencia social tales como o matrimonio do mesmo sexo, a prostitución, a clonación, a eutanasia e o utilización de drogas para uso lúdico.

O xefe de estado é, dende 2013, o Rei Guillerme Alexandre de Orange-Nassau, quen nomea formalmente os membros do goberno. Na práctica, unha vez coñecidos os resultados das eleccións parlamentarias, fórmase un goberno de coalición (nun proceso que pode demorar varios meses), tras o que o goberno constituído é oficialmente nomeado pola raíña. O xefe do goberno é o primeiro ministro ou Ministro Presidente, que é tamén, xeralmente, o líder do maior partido da coalición.

O parlamento consiste de dúas cámaras. As eleccións para os 150 membros da Cámara Baixa (Tweede Kamer, ou Segunda Cámara) ten lugar de catro en catro anos, ou a intervalos menores en caso de que Cámara Baixa aprobe unha moción de censura contra o goberno. O Senado, menos importante (Eerste Kamer, ou Primeira Cámara), escóllese de catro en catro anos despois das eleccións provinciais polos membros dos parlamentos provinciais elixidos recentemente. En conxunto, as dúas cámaras son coñecidas como os Staten Generaal, ou Estados Xerais. O poder xudicial é independente e a máis elevada instancia é o Tribunal Supremo, con sede na Haia, que xoga un papel determinante na unificación da doutrina xurídica.

A administración provincial é exercido polas Asembleas Provisionais, as cales tamén son elixidas por sufraxio directo.

Os analistas políticos consideran os Países Baixos un clásico exemplo dun estado constitucional. O país é sede do Tribunal Internacional de Xustiza.

Provincias e dependencias

Os Países Baixos están divididos en doce rexións administrativas, chamadas provincies (provincias), cada unha baixo o mandato dun gobernador chamado Commissaris van de Koningin (Comisario da Raíña), excepto na provincia de Limburgo onde o comisario se chama Gouverneur (Gobernador). Tódalas provincias están divididas en municipalidades (gemeenten), sendo en total 380 (1 de xaneiro de 2018). O país tamén está subdivido en distritos acuícolas, gobernado por unha Xunta da Auga (waterschap ou hoogheemraadschap), cada unha con autoridade en asuntos relacionados coa auga, habendo 21 a 17 de maio de 2018. A creación destas Xuntas da Auga é incluso anterior á da propia nación, xa que estas aparecen por primeira vez en 1196. De feito, as xuntas das augas neerlandesas son unhas das máis antigas entidades democráticas do mundo que aínda existen.

Provincias dos Países Baixos Band. Provincia Capital Cidade máis populosa Área (km²) PoboaciónDensidade(por km)300px 27px|border|centro Brabante do Norte Den Bosch Eindhoven 5.0992.434.744477 27px|border|centro Zelandia Middelburg Middelburg 2.934380.897130 27px|border|centro Drenthe Assen Assen 2.680489.695183 27px|border|centro Flevoland Lelystad Almere 2.412383.496159 27px|border|centro Frisia Leeuwarden Leeuwarden 5.749645.101112 27px|border|centro Groninga Groninga Groninga 2.960574.481194 27px|border|centro Gueldria Arnhem Nimega 5.1371.990.871388 27px|border|centro Holanda Meridional A Haia Rotterdam 3.4193.477.8761017 27px|border|centro Holanda Setentrional Haarlem Ámsterdam 4.0922.647.149647 27px|border|centro Limburgo Maastricht Maastricht 2.2091.140.813516 27px|border|centro Overijssel Zwolle Enschede 3.4211.125.108329 27px|border|centro Utrecht Utrecht Utrecht 1.4491.210.761836

Seis illas do Mar do Caribe pertencen ós Países Baixos, na forma das dependencias de Aruba e das Antillas Neerlandesas (Nederlandse Antillen), que agrupan as outras cinco.

Xeografía

miniatura|200px|Paisaxe típica neerlandesaminiatura|dereita|200px|Imaxe de satélite dos Países Baixos o 6 de maio de 2000.

O nome do país, Nederlanden ("Terras baixas"), débese a que unha parte do norte e oeste do territorio do país atópase por baixo do nivel do mar. Ao sueste do país se estenden os chamados Países Altos superiores, que se elevan un pouco por riba do nivel do mar.

Un complexo sistema de drenaxe de auga, cuxa construción se iniciou na época medieval, permitiu incrementar a superficie do país en máis dun 20%. Sen unha drenaxe constante a metade dos Países Baixos sería alagado polo mar e polos numerosos ríos que cruzan o seu territorio, como é o caso do Rin que desemboca en Rotterdam, o que fixo desta cidade o porto de maior tráfico de Europa. Xunto co Rin hai outros dous ríos máis que dividen ao país en dúas partes, estes son o río Mosa e o Waal. O punto máis alto do país atópase en Vaalserberg, na provincia de Limburgo e ten unha altitude de 321 metros sobre o nivel do mar.Extreme points of the Netherlands

Plan Delta Durante a inundación de 1953 causada polo mar do Norte, a fenda nun dique causou a morte a 1.835 persoas, forzando a evacuación doutras 70.000, ademais de ser destruídas 4.500 edificacións. Para evitar que unha catástrofe así se repetise, un ambicioso proxecto foi posto en marcha, o Plan Delta (en neerlandés: Deltawerken) que uniu as desembocaduras do Rin e o Mosa. Todo este proxecto está considerado unha das sete marabillas do mundo moderno segundo a Sociedade Americana de enxeñeiros civís.

Ademais, os Países Baixos son un dos países que máis sofren o cambio climático. Non só son un problema as inundacións producidas polo mar, xa que un desbordamento dos ríos tamén podería ser moi perigoso.Netherlands relinquishes some of itself to the waters Floods, flood management and climate change in The Netherlands

Clima O bioma primixenio nos Países Baixos é o bosque amornado de frondosas. Segundo WWF, a práctica totalidade dos Países Baixos pertence á ecorrexión denominada bosque mixto atlántico, agás o extremo sueste, que corresponde ao bosque de frondosas de Europa occidental. O vento predominante é suroeste e causa un clima oceánico moderado con calorosos veráns e invernos suaves. As seguintes táboas están baseadas en resultados do instituto KNMI en De Bilt (Utrecht) entre 1971 e 2000:

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Media temp. máxima (°C) 5,2 6,1 9,6 12,9 17,6 19,8 22,1 22,3 18,7 14,2 9,1 6,4 13,7Media temp. mínima (°C) 0,0 -0,1 2,0 3,5 7,5 10,2 12,5 12,0 9,6 6,5 3,2 1,3 5,7Media temperatura (°C) 2,8 3,0 5,8 8,3 12,7 15,2 17,4 17,2 14,2 10,3 6,2 4,0 9,8 Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Med. precipitacións (mm) 67 48 65 45 62 72 70 58 72 77 81 77 793Med. horas de sol 52 79 114 158 204 187 196 192 133 106 60 44 1524

Economía miniatura|dereita|200px|O máis longo dos trece diques do Plan Delta. miniatura|dereita|200px|As bicicletas son un dos medios de transporte máis empregados no país.

Os Países Baixos son unha das maiores e máis desenvolvidas economías do mundo. No ano 2005 o seu PIB (Produto Interior Bruto) creceu un 1,5%, dando como resultado unha renda per cápita de 30.300 $dólares. O 79% da forza laboral traballa no sector servizos, un 17% traballa na industria, e tan só o 2% da forza laboral traballa no sector de agricultura. No ano 2005 a taxa de desemprego situouse no 6,6%, e a pobreza alcanzou ao 0,5% da poboación.