Adeodato II, nado en Roma e finado o 17 de xuño de 676, foi o Papa nº 77 da Igrexa católica de 672 a 676.

Traxectoria Monxe do mosterio beneditino de San Erasmo de Roma, Adeodato II foi o primeiro papa que usou nos seus documentos oficiais a fórmula Salutem et apostolicam benedictionem.

Coñécense moi poucos datos sobre o seu pontificado. Continuou o achegamento político e doutrinal co emperador bizantino Constantino IV, traballou activamente na disciplina monástica e persistiu, como os seus predecesores, na loita contra a herexía monotelista, doutrina que afirmaba que en Xesucristo existen dúas naturezas pero unha soa vontade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de papas

Categoría:Papas Categoría:Finados en 676 Categoría:Nados en Roma