miniatura|300px|Unha ensulla de unto O unto é a graxa que envolve os intestinos dos animais, en particular a do porco, que se conserva curada ou en sal.unto no Dicionario da RAGunto, 4ª acep. En: VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.
Tamén reciben este nome cada unha das láminas nas que se divide esta graxa, ou ensullas.
En linguaxe figurada o termo é sinónimo de suborno.unto, 6ª acep. En: VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.
Etimoloxía Esta voz deriva do latín unctu(m), "untura".
Na cultura popular Locucións Ser [algo ou alguén] como o unto ás verzas: dise dunha cousa ou dunha persoa que veñen moi ben para conseguir un obxectivo. Ó caldo vénlle ben un pouco unto.
Refrán Canto máis unto, millores verzas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Manteiga de porco
Categoría:Aceites e graxas animais Categoría:Porco