Eva Poveda López, nada en Lugo o 22 de xullo de 1975, é unha experta no estudo das infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e os virus da hepatite C, B e delta. En 2012 foi galardoada co Premio para mulleres científicas L'Oréal -UNESCO como recoñecemento á excelencia do traballo científico desenvolvido no Campo das Ciencias da Vida.

Traxectoria Eva Poveda é licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutora en Microbioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.

Nun principio, gran parte do seu traballo de investigación centrouse no campo da entrada do VIH na célula. A aprobación do primeiro antagonista de CCR5 para o tratamento da infección por VIH xera a necesidade da determinación do tropismo viral nos pacientes VIH que vaian a iniciar un tratamento con este fármaco. O traballo desenvolvido nesta liña consolidouna como experta nacional e internacional na determinación do tropismo viral para guiar o uso terapéutico desta nova familia de fármacos.

En marzo de 2013 trasladouse ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), onde coordinou o grupo de investigación de Viroloxía Clínica durante cinco anos. Posteriormente incorporouse ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, onde coordina o Grupo de Viroloxía e Patoxénese. Nestes momentos tamén traballa na creación dun novo "kit diagnóstico" para o coronavirus.

Destaca tamén a súa implicación en actividades de divulgación como a súa participación no proxecto financiado pola FECYT Biomedicina con e para a sociedade"Salud con Biomedicina"- entrevistas en RadioVoz para el proyecto Biomedicina con y para la Sociedad, FECYT (2015) ou a coordinación da participación do INIBIC no Día da Ciencia na Rúa da Coruña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Eva Poveda no programa da TVG O gato con botas

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Lugo