Ana José Varela González, nada en Bóveda en 1970, é unha executiva galega.

Traxectoria É licenciada en Dereito e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas. Realizou posgraos en Servizos Financeiros, Estratexia e Liderado no Instituto de Empresa (España) e MBA de Columbia Business School (EE UU).

Traballou no Boston Consulting Group e na Fundación Barrié de la Maza (nº 2, á fronte do departamento de investimentos). Foi conselleira do Banco Popular ademais de presidir as tecnolóxicas Torusware (start- up de software) e Nasasbiotech (biomedicina). En 2015 foi distinguida como ‘Eisenhower Fellow’, un programa de liderado que premia a traxectoria de profesionais de todo o planeta volcados en crear un mundo máis pacífico, próspero e xusto.

En 2017 foi nomeada directora financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvementoo Económico (a primeira muller en ocupar o posto), xestionando un orzamento anual de 800 millóns de euros e dirixindo un equipo de 105 persoas e 5 divisións. É Membro do Grupo de Directores e do Equipo Executivo, exercendo a Secretaría do Comité de Orzamento, onde están representados os 38 países membros.

Forma parte de Referentes Galegas, a plataforma de Executivas de Galicia.

O seu labor foi recoñecido por diferentes medios e institucións como Catalyst profile in disruption en 2015, ou en 2021 unha das Top10 Mujeres Líderes Españolas no Exterior na primeira edición do galardón. En 2023 foi elixida Lucense do Ano e en 2024 recibiu o Premio Executivas de Galicia no exterior na súa primeira edición.No mesmo ano foi tamén nomeada Embaixadora Honoraria da Marca España.

Notas

Categoría:Nados en Bóveda Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes