Oklahoma (en , òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa, en cayuga: Gahnawiyoˀgeh) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella". Informalmente é coñecido co alcume de The Sooner State. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en facer parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do Territorio Indio. A capital e maior cidade do Estado é Oklahoma City. Ten 77 condados.
Oklahoma é un importante produtor de gas natural, petróleo e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na aviación, enerxía, telecomunicacións e a biotecnoloxía. É unha das economías de máis rápido crecemento de EUA, o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do produto nacional bruto. Oklahoma City e Tulsa son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da NCAA e a NAIA, mentres que dous dos seus clubs de atletismo encóntranse entre os máis exitosos dos Estados Unidos.
Con pequenas cadeas montañosas, pradarías, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as Grandes Chairas dos Estados Unidos e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis ca en calquera outro estado.
Atópase na confluencia de tres grandes rexións culturais dos Estados Unidos e historicamente serviu como ruta de transporte de gando, como destino para os colonos do sur, e de lar para os nativos americanos. Fai parte do Bible Belt, nos cales está moi presente o cristianismo evanxélico.
Etimoloxía
O nome Oklahoma vén da expresión choctaw okla humma, cuxo significado é, literalmente, "xente rubia". O xefe choctaw Allen Wright suxeriu este nome en 1866 durante as negociacións para o tratado co goberno federal en relación co uso do Territorio Indio, no que se considera que todo o estado indio é controlado polo Superintendente de Asuntos Indios dos Estados Unidos. Equivalente á palabra indio, okla humma foi unha frase na lingua choctaw utilizada para describir os nativos americanos en conxunto. Oklahoma converteuse despois no nome de facto do Territorio de Oklahoma. En 1890 foi aprobado este nome oficialmente, e dous anos despois, a área era aberta para os colonos brancos.
Historia 200px|miniatura|Comerciantes no camiño de Santa Fe, en Camp Comanche, Oklahoma, 1844. Existen probas de que os pobos nativos chegaron a Oklahoma na última idade de xeo, mais os primeiros habitantes permanentes do estado crearon comunidades con estruturas de tipo montículo, cerca da fronteira con Arcansas entre o 850 e o 1450. O explorador español Francisco Vázquez de Coronado viaxou a través do estado en 1541, mais os exploradores franceses reclamaron a zona en 1700, permanecendo baixo dominio francés até 1803, cando todo o territorio francés ao oeste do río Mississippi foi adquirido polos Estados Unidos na Compra de Luisiana.
Miles de indíxenas americanos, incluídos os que integran as cinco tribos civilizadas, foron expulsados das súas terras en Mississippi, Florida, Alabama, Xeorxia e Tennessee, e trasladados a Oklahoma na década de 1830. A área, na que xa habitaban as tribos osage e quapaw, foi denominada como Territorio indio pola Acta de Remoción dos Indios de 1830 e a Acta de relacións indias de 1834. Quince tribos recibiron terras no territorio en 1830, pero por volta de 1890, máis de 30 tribos foran asignadas nos territorios federais. 200px|miniatura|esquerda|Mapa local de 1905.
No período entre 1866 e 1899, os ranchos gandeiros de Texas trataron de satisfacer as esixencias de alimento das cidades do Leste, e os ferrocarrís de Kansas comprometéronse a realizar as entregas. Os cowboys establecéronse como condutores de gando e coidadores de ranchos, e levaron os seus produtos para o norte, establecéndose ilegalmente no Territorio indio. En 1881, catro das cinco rutas principais de gando transcorrían a través da fronteira occidental do Territorio indio. O aumento da presenza de colonos brancos no Territorio indio empuxou ao Goberno dos Estados Unidos a promulgar a Acta de Dawes en 1887, que dividiu as terras das tribos individuais en asignacións para familias individuais, alentando a agricultura e as facendas privadas entre os americanos nativos, pero cedendo a terra excente ao goberno federal. No proceso, case a metade das terras dos indios dentro do territorio abríronse a colonos doutros lugares e en parte foron mercadas por empresas ferroviarias. 200px|miniatura|Land rush ou toma da terra de Oklahoma en 1889.
As carreiras pola terra, como a Carreira da Terra de 1889, celebráronse para asignar terras aos colonos cando certos territorios se liberaron para que se poidesen asentar. Normalmente asignouse terra aos colonos que chegaban primeiro. A aqueles que se saltaron as regras por cruzar a fronteira antes do permitido chamóuselles sooners , termo que co tempo se converteu no alcume do estado. As negociacións para converter o territorio en estado comezaron a principios do século XX, cando a lei Curius aboliu todas as xurisdicións tribais do Territorio Indio. Os intentos de crear un estado indio co nome de Oklahoma, e un posterior intento de crear un estado indio chamado Sequoyah non prosperaron, aínda que na Convención do Estado Sequoyah de 1905 sentáronse as bases para a Convención do Estado de Oklahoma, que tivo lugar dous anos máis tarde. O 16 de novembro de 1907, Oklahoma estebleceuse como o estado número 46 da Unión. miniatura|200px|O atentado de Oklahoma, un dos peores actos terroristas da historia dos Estados Unidos.
O novo estado converteuse nun foco importante da emerxente industria petroleira, cos descubrimentos dos pozos petrolíferos, que impulsou o rápido crecemento da economía e a poboación das cidades. Tulsa foi coñecida temporalmente como a Capital Mundial do Petróleo durante a maior parte do século XX. Os investimentos no petróleo alimentaron a economía do estado nos seus primeiros anos de existencia.
En 1927, o empresario de Oklahoma, Cyrus Avery, coñecido como o Pai da Ruta 66, comezou unha campaña para crear a Ruta 66, usando un tramo da estrada xa existente entre Amarillo, Texas e Tulsa. Avery encabezou a creación da asociación Highway 66 para supervisar a planificación da Ruta 66, con sede na súa cidade natal de Tulsa.
Durante a década de 1930, algunhas partes do estado comezaron a sentir as consecuencias das malas prácticas agrícolas, cando chegaron as secas e os fortes ventos. Coñecido como o Dust Bowl, áreas de Kansas, Texas, Novo México, e o noroeste Oklahoma, vense obstaculizadas por longos períodos de escasas precipitacións e temperaturas altas, o que levou a miles de agricultores á ruína, forzándoos a trasladarse a zonas máis fertis das rexións occidentais dos Estados Unidos. Durante o período que vai de 1930 a 1950, a poboación do estado descendeu, caendo un 6,9 por cento. Para frear esta situación, fixéronse enormes esforzos para a conservación do solo e da auga, creando sistemas de control de inundacións e numerosas presas. Na década dos 60 construíronse máis de 200 encoros, máis que en ningún outro lugar dos Estados Unidos.
En 1995, Oklahoma City converteuse no escenario dun dos peores atentados terroristas cometidos na historia dos Estados Unidos, o Atentado de Oklahoma City, que tivo lugar o 19 de abril de 1995, cando Timothy McVeigh e Terry Nichols detonaron un explosivo nas aforas do Edificio Federal Alfred P. Murrah, matando a 168 persoas, incluídos 19 cativos. Timothy McVeigh foi condenado a morte e executado por inxección letal, mentres que o seu compañeiro, Terry Nichols, foi declarado culpable de 161 cargos de asasinato en primeiro grao e foi condenado á prisión perpetua, sen posibilidade de liberdade condicional.
Xeografía
Oklahoma é o vixésimo estado máis grande dos Estados Unidos, cunha superficie de 181.035 km², con 177.847 km² de terra e 3.188 km² de auga. É un dos seis estados na Franxa Fronteiriza que separa as Terras Altas e as Grandes Chairas, cerca do centro xeográfico dos 48 estados continentais. Limita polo leste con Arcansas e Missouri, polo norte con Kansas, polo noroeste con Colorado, polo extremo oeste con Novo México, e polo sur e oeste, con Texas.
Encóntrase entre os estados máis diversos xeograficamente e é un dos catro que albergan máis de 10 rexións ecolóxicas diferentes. Contén once dentro das súas fronteiras, máis por quilómetro cadrado que calquera outro estado por unha ampla marxe. Marcados polas diferenzas na diversidade xeográfica, o leste de Oklahoma ten oito rexións ecolóxicas, mentres que a metade occidental ten tres.
Oklahoma está situado entre as Grandes Chairas e a Meseta de Ozark, e pódese dicir que está inclinado seguindo as altas chairas do seu límite occidental e as zonas baixas e pantanosas no seu límite sueste. Os puntos máis altos e máis baixos así o indican, estando o seu pico máis alto, o monte Black Mesa, con 1.516 metros, situado na esquina que limita con Novo México, e o punto máis baixo, tomado no río Little, no seu límite suroriental, que se encontra a 88 metros sobre o nivel do mar. miniatura|esquerda|170px|O canón de Wichita, nas montañas Wichita. As catro serras principais do estado son: as Montañas Ouachita, as Montañas Arbuckle, as Montañas Wichita, e as Montañas Ozark. A Rexión das Terras altas estadounidenses, que contén os Ozark e os montes Ouachita, é a única rexión montañosa importante entre as Montañas Rochosas e os Apalaches. Unha parte dos Flint Hills esténdese polo centro-norte de Oklahoma.
Na zona noroeste do estado, as altos chairas semiáridas abrigan poucos bosques naturais, predominando paisaxes planas, con canóns intermitentes e mesas como as Glass Mountains. No sueste, as chairas son parcialmente interrompidas por pequenas serras como os Antelope Hills e as Montañas Wichita. A zona central está ocupada por bosques e pradarías de transición.
Máis de 500 ríos e regos constitúen a rede hidrográfica de Oklahoma, e ten arredor duns 200 lagos creados por presas. A maior parte do estado atópase principalmente en dúas concas hidrográficas, a do río Vermello e a do río Arcansas, aínda que o río Lee e o río Little tamén teñen bacías de relevancia.
Fauna e flora Os bosques cobren o 24% de Oklahoma e as praderías compostas de pastos miúdos e herbazais, abrigan ecosistemas expansivos nas parte central e occidental do estado, aínda que os cultivos substituíron en gran parte o ecosistema orixinal. Onde a precipitación é escasa, como na parte occidental do estado, as praderías de pastos curtos e matogueiras son o principal ecosistema, aínda que piñeiros mansos, xenebreiros e piñeiros ponderosa crecen nas proximidades dos ríos e sobre os regatos, no extremo oeste da panhandle. As marismas, bosques de cipreses mesturados con Pinus echinata, piñeiros taeda e bosques de folla caduca dominan o sueste do estado, mentres bosques de carballos poste, olmos, cedros e piñeiros cobren o noroeste de Oklahoma. 200px|miniatura|O bisonte americano ou búfalo, o mamífero por excelencia de Oklahoma. O estado mantén as poboacións de cervos de Virxinia, coiotes, linces rubios, uapitís, e aves como o paspallás, pombas, cardenálidos, aguias calvas, miñatos de cola vermella e faisáns.