Soul é un filme estadounidense de animación de 2020, producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Pete Docter e codirixido por Kemp Powers, e está protagonizado polas voces de Jamie Foxx, Tina Fey, Graham Norton, Rachel House, Alice Braga, Richard Ayoade, Phylicia Rashad, Donnell Rawlings, Questlove e Angela Bassett.
Argumento O filme conta a historia dun mestre de música chamado Joe Gardner, que tenta reunir de novo a súa alma e o seu corpo logo de separarse accidentalmente xusto despois de conseguir unha grande oportunidade para estrearse como músico de jazz.
Personaxes Jamie Foxx como Joe Gardner Tina Fey como 22 Graham Norton como Moonwind Rachel House como Terry Alice Braga e Richard Ayoade como Jerry Phylicia Rashad como Libba Gardner Donnell Rawlings como Dez Questlove como Lamont "Curley" Baker Angela Bassett como Dorothea Williams
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Pete Docter Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19