A Xornada Universitaria Galega en xénero (XUGEX) é unha iniciativa desenvolvida polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Oficina de Igualdade de Xénero da USC e Oficina para a igualdade de Xénero da UDC) co fin de visibilizar as investigacións con perspectiva de xénero e feministas, promovendo a creación de redes de colaboración.

A xornada, conta xa con seis edicións celebradas en distintas cidades, e cada unha delas cun lema diferente:

I XUGEX. Roles de xénero en tempos de crise. Celebrada en Santiago de Compostela 20 e 21 de xuño de 2013.

II XUGEX. Roles de xénero nun mundo globalizado. Celebrada en Ferrol o 12 de xuño de 2014.

III XUGEX. Trazos de xénero no século XXI. Celebrada en Pontevedra o 5 de xuño de 2015. IV XUGEX. Perspectiva de xénero na docencia universitaria. Celebrada en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2016. V XUGEX. Transformando dende a Universidade. Celebrada en Vigo o 7 de xullo de 2017. VI XUGEX. (Re)construíndo o coñecemento. Celebrada na Coruña o 14 de xuño de 2019. VII XUGEX Desigualdades de xénero en tempos de COVID.10 e 11 de xuño de 2021 na Universidade de Santiago de Compostela (en liña) VIII XUGEX Epistemoloxías feministas en acción. Celebrada en Vigo o 9 de xuño de 2023. No 2016 a xornada abriuse a participación de persoal docente e investigador doutras universidades do sistema universitario español.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web da Xornada Universitaria Galega en Xénero II Xornada Universitaria Galega en Xénero Video da III Xornada Universitaria Galega en Xénero Xornada Universitaria Galega en Xénero

Categoría:Feminismo en Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Universidade da Coruña Categoría:Universidade de Vigo