PROCYON (acrónimo de PRoximate Object Close flYby with Optical Navigation) foi unha sonda espacial da axencia xaponesa JAXA lanzada o 3 de decembro de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características PROCYON foi lanzada como carga secundaria xunto á sonda Hayabusa 2 co obxectivo principal de probar unha serie de novas tecnoloxías que permitan usar pequenas sondas en misións interplanetarias e sobrevoar autonomamente o asteroide 2000 DP107. A sonda tiña forma de cubo de 67 x 55 x 55 cm e catro paneis solares de 47 x 47 cm. A propulsión corría a cargo dun motor iónico alimentado con xenón. O motor iónico fallou o 10 de marzo de 2015, impedindo o sobrevoo do asteroide.
Notas
Véxase tamén Outros artigos H-IIA Centro Espacial de Tanegashima
Categoría:Sondas espaciais