Manuel García Sampayo, coñecido como Manuel de Portarís, nado en Cervaña (Silleda) o 5 de xullo de 1906 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de abril de 1993, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel García Moreira, un zapateiro de Cervaña que mercou unha antiga granxa de frades en Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia, onde se trasladou a familia a principios do século XX. Criador de porcos, na República participou nas accións de mellora da actividade agrícola promovidas por Cruz Gallástegui desde a Misión Biolóxica de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse na Garda Cívica da zona. O seu irmán Ramón García Sampayo foi nomeado alcalde de Meis en agosto de 1936. Coñecido represor, era xefe da escuadra de Ribadumia das Milicias de Falange. Estivo implicado no asasinato de Ramón Barreiro Rodríguez e Castor Cordal Garrido o 15 de setembro de 1936. Foi detido pola Garda Civil o 13 de xuño de 1937 seguindo ordes do xuíz de Cambados, ao día seguinte detiveron a Adolfo Martínez Ríos, ambos acusados do asasinato de Daniel Varela Muñiz.El Diario de Pontevedra, 21-6-1937, p. 3. Militantes recoñecidos de Falange, foron expulsados o 17 de xuño por “indeseables e indignos de vestir la camisa azul”. Ao ser os dous inculpados falanxistas e estar militarizados, o xulgado inhibiuse e a causa pasou á autoridade militar. Ante os testemuños contraditorios, o auditor de guerra decretou o sobresemento provisional da causa 1031/37 e os detidos saíron en liberdade o 12 de novembro de 1938.Seique Foi alcalde de Ribadumia en 1940. O seu irmán Rafael García Sampayo foi nomeado alcalde de Ribadumia en 1943. Foi inspector de cinematografía e teatro do Ministerio de Información e Turismo en Ribadumia até 1954.El Pueblo Gallego, 28-2-1954, p. 7. Finou en Vilagarcía de Arousa o 14 de abril de 1993 aos 86 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, Arousa, 15-4-1993, p. 39.

Vida persoal

Casou con Carmen Vila Vila e foi pai de Carmen, María, Manuel, Ramón Ramiro e Celia García Vila.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Manuel García Sampayo: a engrenagem necessária Susana Aríns: “A família é um dos piares dos regimes fascistas” La maldad no tiene derecho al anonimato Cuando el asesino falangista es de la familia Fios ao redor de Seique

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Ribadumia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes