O afgani (paxta: افغانۍ; dari: افغانی) é a unidade monetaria da República Islámica de Afganistán desde o 7 de outubro de 2002, cando substituíu o antigo afgani, vixente desde 1925, cun perído de conversión que rematou o 2 de xaneiro 2003."Afgani". En Digalego. Dicionario de galego."Afgani". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura, Madrid. Páxina 31. ISBN 978-84-8181-405-7"World Currencies: Afghani". Online Coin Club."Afghani". Encyclopaedia Iranica.
O seu código ISO 4217 é AFN e o seu símbolo monetario é ؋ ou Af, para singular, e Afs, para plural. A entidade emisora é o banco central do país: Da Afghanistan Bank."About Monetary Policy". Da Afghanistan Bank.
O primeiro afgani dividíase en 100 pul (پول), aínda que desde 2002 carece de moeda fraccionaria.
En xaneiro de 2020, a súa equivalencia co euro era 1 EUR = 94,76 AFN.Cambio entre afgani e euro. Nataf.net
Historia
1925-2002 esquerda|miniatura|190x190px|1 afgani de 1961."1 Afghani - Muhammed Zahir Shah". Numista.com
O primeiro afgani (código ISO 4217: AFA) foi introducido en 1925 en substitución da rupia afgá, en uso desde 1891."Coins And Banknotes". Da Afghanistan Bank. Tamén se dividía en 100 pul e, simultaneamente, 20 afganis equivalían a un amani. A taxa de conversión da rupia estableceuse en 1 AFA = 1 rupias e 6 paisas, baseándose no contido de prata das derradeiras rupias cuñadas e no das novas moedas afgás. Inicialmente, este primeiro afgani contiña 9 gramos de prata.Krause, C. L.; Mishler, C. (1991)"Currency Afghanistan: Afghan Afghani". Worldtravelserver.com
En 1935, o afgani fixou a súa taxa de cambio con respecto á rupia india en 4 AFA = 1 INR. Desde 1940 pasou a vincularse ao dólar estadounidense, con taxas de cambio moi flutuantes: o afgani tiña un cambio de 67 AFA por dólar en 1973 e, despois da guerra civil de 1992, o mesmo dólar equivalía a 16.000 afganis.
miniatura|230x230px|100 afganis de 1963
En decembro de 1996, cando os talibáns tomaron o control do país, designaron un novo titular do banco central afgán, o mulla Ehsanullah Ehsan. Ao mesmo tempo, señores da guerra, partidos políticos e potencias estranxeiras comezaron a imprimir os seus propios billetes con valores faciais en afganis, carentes de calquera normalización e de números de serie. As novas autoridades anunciaron que os billetes en circulación eran obsoletos por mor do seu escaso poder adquisitivo, de xeito que se suspendeu a emisión da moeda afgá e se cancelou o contrato coa empresa rusa que imprimía o papel moeda oficial. O presidente do banco central, Ehsanullah Ehsan, acusou o goberno ruso de enviar novos cargamentos de afganis en billetes ao derrocado presidente Burhanuddin Rabbani, localizado na provincia setentrional de Takhar.Llc Books Editors (2009). Currencies of Afghanistan: Afghan Afghani, Afghan Rupee, Afghan Abasi. Books Llc., Memphis, Tennesse.
Logo do nomeamento de Ehsan á fronte do banco central afgán, anunciou por medio dun decreto que 21.000 AFA equivalían a un dólar estadounidense. Daquela, a Alianza do Norte empezou a vender os billetes impresos en Rusia á metade do seu valor oficial nos mercados de Cabul. Nese momento o afgani viuse envolto nunha espiral inflacionaria que terminou deixando esta unidade monetaria sen peso ningún no mercado internacional. Só en 2000, a unidade monetaria afgá logrou certa estabilidade, cando foi reavaliada e cotizou en 6.400 afganis = 1 dólar. Logo da caída dos talibáns en 2002, o dólar en Afganistán subiu ata os 43.000 afganis.Mohd, A. (2011). "The Tale of Afghan Currency". En Daily Outlook Afghanistan. 24 de outubro.
Logo da reforma monetaria de 2002 miniatura|114x114px|Símbolo monetario do afgani. En 2002, o afgani sufriu unha fonda reconversión e adquiriu o novo código ISO 4217 AFN. Para este novo afgani non se estableceu moeda fraccionaria ningunha. A substitución do antigo afgani polo novo baseouse en dúas taxas de cambio diferentes: as emisións do Goberno do expresidente Burhanuddin Rabbani (de iure 1992-2001) substituíronse a razón de 1.000 vellos por un novo afgani, en tanto que as emisións do señor da guerra Abdul Rashid Dostum (1992-1997 no norte de Afganistán) tiñan unha taxa de 2.000 vellos por cada un novo. A creación da nova moeda supuxo un esforzo por estabilizar a economía e deter a rápida inflación. Os billetes do novo sistema foron impresos en Alemaña."Afghanistan redenominates currency". En BBC News. 4 de setembro de 2002.
O creador da nova moeda, o 4 de setembro de 2002, foi o presidente Hamid Karzai. O novo afgani foi introducido no mercado o 8 de outubro dese mesmo ano e a reforma tivo un bo acollemento por parte da poboación, xa que se tomou como un signo de seguridade económica e de estabilidade, no marco da reconstrución do país."Afghanistan banks on new currency ". CNN World. 7 de outubro de 2002.. A xente deixou de verse obrigada a portar grandes cantidades de diñeiro para as súas compras cotiás e foi a primeira vez en moitos anos en que a moeda afgá estivo baixo o control único do banco central do país, no canto do dos señores da guerra.Shoib Safi (2002). "All Change for Afghan Currency". En Media Monitors Network (MMN). 14 de setembro. A maior parte dos billetes antigos foron destruídos a finais de 2002.Abdul Qadeer Fitrat. (2018). The Tragedy of Kabul Bank. Page Publishing Inc. ISBN 978-1-64027-368-9
O Banco de Afganistán adoptou un réxime de taxa de cambio flutuante e deixou que a taxa se determine libremente polas forzas do mercado.Fry, M.l J. (1976). "A Monetary Approach to Afghanistan's Flexible Exchange Rate". En Journal of Money, Credit and Banking. Vol. 8 (2): 219-225. O novo afgani foi avaliado cun cambio de 43 unidades por cada dólar estadounidense."Currency and Banking ". Afghanistans.com
Logo de desvalorizarse fortemente durante o derradeiro trimestre de 2003, o afgani pasou a revalorizarse de xeito constante, gañando un 8 % en relación co dólar entre marzo e xullo de 2004. Este aumento, nun momento en que a inflación crecía, semella reflectir unha vontade meirande da poboación de utilizar o afgani como medio de cambio e como reserva de valor. Esta tendencia pódese atribuír á relativa estabilidade da taxa de cambio acadada logo da introdución da nova moeda, así como ás medidas administrativas para a promoción do seu uso, entre elas a obriga aos comerciantes de indicaren os prezos das mercadorías en afganis. Os investidores efectúan cada vez máis pagamentos en afganis no canto dos dólares estadounidenses. En 2009, o afgani revalorizouse a un cambio de 45 AFN = 1 USD. En 2019, o afgani acadou os 75 AFN = 1 USD.Arman, R. (2019). "Afghani Falls Against Dollar By 3% In A Month". En TOLOnews. 18 de abril.
Moedas
Moedas do vello afgani esquerda|miniatura|190x190px|5 afganis de 1961."5 Afghanis - Muhammed Zahir Shah". Numista.com
En 1925 puxéronse en circulación moedas de bronce e de latón de 2, 5 e 10 pul, moedas de billón de 20 pul, de prata de medio e dun afgani, e de ouro de medio e dun amani. O ano seguinte engadíronse as moedas de ouro de 2,5 afgani e de 2,5 amani. En 1930, sumáronse as moedas de bronce e de latón de 1 e de 25 pul, e en 1937 completouse a serie cos valores de 3 pul (bronce), e de 10 e 20 pul (cuproníquel)."Afghanistan: First afghani (1925-2003)". Numista.com
En 1952 introducíronse moedas de aluminio de 25 pul e de aceiro niquelado de 50 pul, seguidas polas de 2 e 5 afgani, tamén de aluminio, en 1958. En 1961 emitíronse os valores de 1, 2 e 5 afganis en aceiro niquelado.
En 1973, a nova República de Afganistán emitiu moedas de 25 pul de aceiro bañado en latón, de 50 pul en aceiro bañado en cobre, e de 5 afgani de aceiro revestido de cuproníquel.
Entre 1978 e 1980, a República Democrática de Afganistán emitiu moedas de bronce-aluminio de 25 e de 50 pul, e de cuproníquel de 1, 2 e 5 afganis.
O Estado Islámico de Afganistán puxo en circulación, así mesmo, moedas conmemorativas entre os anos 1995 e 2001.
Moedas en circulación Logo da reforma monetaria de 2002, en 2005 puxéronse en circulación moedas de curso legal con valores de 1, 2 e 5 afganis."Afghanistan: Second afghani (2003-date)". Numista.com
ImaxesValorDataMetalDiámetro (mm)Peso(g)Motivos e lendasAnversoReversoAnversoReverso100x100px100x100px1 afgani "1 Afghani". Numista.com2005Aceiro bañado en cobre19,53.25Armas de Afganistán.د افغانستان بانک - ١ - يو افغانۍ (Banco de Afganistán. 1 afgani 1383)100x100px100x100px2 afganis "2 Afghanis". Numista.com2005Aceiro224,1Armas de Afganistán.د افغانستان بانک - ٢ - دوه افغانۍ (Banco de Afganistán. 2 afganis 1383)100x100px100x100px5 afganis "5 afghanis". Numista.com2005Cobre, níquel e cinc23,55,26Armas de Afganistán.د افغانستان بانک - ۵ - پنځه افغانۍ (Banco de Afganistán. 5 afganis 1383)
Billetes
Billetes do vello afgani
Entre 1925 e 1928 o Tesouro afgán emitiu billetes con valores faciais de 5, 10 e 50 afganis. En 1936 engadíronse os valores de 2, 20 e 100 afganis. O Banco de Afganistán asumiu as competencias para emitir diñeiro en 1939 e introduciu os valores de 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 afganis. En 1958 substituíronse os billetes de 2 e 5 afganis por moedas. En 1993 engadíronse os billetes de 5.000 e de 10.000 afganis."Bank notes from Afghanistan Pashto Persian". Alamy.com"Afghanistan". Banknote.ws
Billetes en circulación A primeira serie de papel moeda logo da reforma monetaria pola que se creaba o novo afgani púxose en circulación o 7 de outubro de 2002 e estaba composta por billetes cos valores faciais de 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 afganis. Os billetes de 1, 2 e 5 afganis foron substituídos por moedas dos mesmos valores en 2005.
En 2004 e en 2008 melloráronse os elementos de seguranza dalgúns destes billetes e en 2014 introduciuse un novo billete de 1.000 afganis para previr a súa falsificación.
Serie de billetes de 2002ImaxeValorDimensións (mm)DescriciónAnversoReversoAnversoReverso 1 afgani "1 afghani. SH 1381". Banknote.ws131 × 55Emblema do Banco de Afganistán.Mesquita en Mazari Sharif.2 afganis "2 afghanis. SH 1381". Banknote.wsXardíns en Paghman.5 afganis "5 afghanis. SH 1381". Banknote.wsBala Hissar, Cabul.10 afganis "10 afghanis. SH 1381 & 1383". Banknote.ws136 × 56Mausoleo de Ahmed Shah Durrani.Xardíns de Paghman.20 afganis "20 afghanis. SH 1381-1395". Banknote.ws140 × 58Tumba de Mahmud de Ghazni.Palacio presidencial, Cabul. 50 afganis "50 afghanis. SH 1381-1395". Banknote.ws144 × 60Mesquita Shah Do ShamiraPaso de Salang.100 afganis "100 afghanis. SH 1381 & 1383 (2002 & 2004)". Banknote.ws148 × 62Mesquita Pul e KhishtiArco de Bost.500 afganis "500 afghanis. SH 1381 (2002)". Banknote.ws152 × 64Gran Mesquita de Herat.Torre do aeroporto de Kandahar.1.000 afganis "1.000 afghanis. SH 1381 (2002)". Banknote.ws156 × 66Mesquita azul.Tumba de Ahmad Shah Durrani.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.
Categoría:Moedas de Afganistán