María Teresa Fernández Rodríguez, nada en Chantada o 15 de setembro en 1913 e finada no mesmo concello o 20 de xuño de 1973,Fernández (2021) foi unha farmacéutica galega. e unha das primeiras docentes da Universidade de Santiago de Compostela.Gurriarán (2006)
Traxectoria Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e posteriormente estudou na Facultade de Farmacia, destacando as súas cualificacións en Análise Químico.Fernández (2019) No curso 1933-34 foi Profesora Auxiliar de Prácticas de Química Analítica na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela.Pintos (2016)
Publicacións Froito do traballo de investigación en colaboración con Aniceto Charro Arias resultan as publicacións :
Análisis de los mostos gallegos, La Voz de la Farmacia, 44, 1933, p. 487-488.
e outras dúas publicadas na revista Anales (Composición química de productos alimenticios gallegos e Análisis de las aguas minero-medicinales de Galicia).
Na época da guerra civil volve a Chantada, onde rexentou unha botica até a súa xubilación.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela Fernández García, María Isabel; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 99-112 Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1913 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Finados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes