Nora Navas Garcia, nada en Barcelona o 24 de abril de 1975, é unha actriz catalá de teatro, televisión e cinema. En 2010 recibiu a Cuncha de Prata no Festival de Cinema de Donostia e o Goya á mellor actriz polo seu papel no filme Pa negre, de Agustí Villaronga.
En outubro de 2016 foi elixida vicepresidenta segunda da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, baixo as presidencias de Yvonne Blake e Mariano Barroso.
Traxectoria Novas comezou a súa carreira como actriz participando en distintas series da televisión catalá TV3. Tamén é unha das caras máis populares no teatro catalá por formar parte de numerosas montaxes.
En 2010 protagonizou Pa negre de Agustí Villaronga, un drama ambientado na Cataluña rural durante a posguerra española. Polo seu traballo no filme gañou un premios Goya, un premio Gaudí e a Cuncha de Prata.
Tras rodar con Antonio Chavarrías e Imanol Uribe, en 2013 protagonizou Tots volem el millor per a ella, de Mar Coll. Este filme proporcionoulle o premio á mellor actriz na Seminci de Valladolid, ademais doutro Gaudí á mellor actriz protagonista e unha candidatura aos Goya.
As súas aparicións na televisión foron principalmente en telefilmes da televisión pública catalana entre os que se están Germanes (2012), Carta a Eva (2012), La llum d'Elna (2017) e La catedral del mar, entre outras.
Porén, a maior parte da súa carreira profesional desenvolveuna no teatro participando en montaxes como Les bruixes de Salem, de Arthur Miller dirixida por Andrés Lima; Bodas de sangre, de Federico García Lorca dirixida por Oriol Broggi; Els veïns de dalt, escrita e dirixida por Cesc Gay; e La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca dirixida por Lluís Pasqual, entre moitas outras.
Filmografía Cinema AnoTítuloDirección2020La Vampira de BarcelonaLluís Daniels2020LibertadClara Roquet2020AdúSalvador Calvo2019Dolor y gloriaPedro Almodóvar2018Durante la tormentaOriol Paulo2018Ola de crímenesGracia Querejeta2017Formentera LadyPau Durà2016El ciudadano ilustre Gastón Duprat e Mariano CohnRumbosManuela Burló Moreno2015Felices 140 Gracia QuerejetaL'adopcióDaniela FéjermanL'artèria invisiblePere Vilà Barceló2014Tres mentiras Ana Murugarren2013Tots volem el millor per a ellaMar Coll2012Miel de naranjasImanol UribeDictadoAntonio Chavarrías2010Pa negreAgustí Villaronga2006Las vidas de CeliaAntonio ChavarríasLo bueno de llorarMatías Bize2003CualquieraDavid Marqués1999Un banco en el parqueAgustí Vila
Televisión AnoTítuloCadea de televisiónNotas2019As do hóckeyTV3 e Netflix13 episodios2018La catedral del marAntena 3, TV3 e NetflixMiniserie2017La luz de ElnaTVE e TV3Telefilme2014El último baile de Carmen AmayaTV3Telefilme2013Polseres vermellesTV31 episodio2012Carta a EvaTVE e TV3TelefilmeGermanesTV3Telefilme2011Meublé. La casita blancaTV3TelefilmeEl mar de plásticoCanal Sur e TV3Telefilme2007Trenhotel TV3Telefilme2006-2007El cor de la ciutat TV34 episodios2006Jet LagTV31 episodio2005Porca misèria TV37 episodiosVentdelplàTV32 episodiosMés que germansTV3Telefilme2000CrimsTV33 episodios1993I ara què, Xènia?TV32 episodios
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Representante de Nora Navas Filmografía de Nora Navas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1975 Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña