Edgar Leopold Layard, nado en Florencia o 23 de xullo de 1824, e finado en Budleigh Salterton, Devon, Inglaterra, foi un diplomático e naturalista británico, especializado en ornitoloxía.
Traxectoria Layard pasou dez anos en Ceilán onde etudou a fauna local con Robert Templeton.
En 1854 desprazouse como funcionario á colonia do Cabo onde traballou ao servizo do gobernador Sir George Grey.
Pronto pasou ao Brasil, a Fiji e a Nova Caledonia. Seu fillo, Leopold Layard, vicecónsul en Numea, axudouno nas súas expedicións ornitolóxicass nss Novas Hébridas e nas illas da Lealdade.
En 1855, durante o seu tempo libre, ocupou o posto de conservador no Museo de Suráfrica.
No Brasil recolectou numerosas aves para o conde d’Arthur Hay, noveno marqués de Tweeddale.
Layard publicou en 1867 o libro The Birds of South Africa, no que descrbiu 702 especies. Esta obra sería posteriormente actualizada por Richard Bowdler Sharpe.Christine E. Jackson (2004): "Sharpe, Richard Bowdler (1847–1909)", no Oxford Dictionary of National Biography.
Epónimos Periquito de Layard (Psittacula calthrapae) Lepidocolaptes fuscicapillus layardi Zifio de Layard (Mesoplodon layardii)
Abreviatura A abreviatura Layard emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X). Barbara Mearns & Richard Mearns (1998): The Bird Collectors. San Diego e Londres: Academic Press. ISBN 0-1248-7440-1.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Florencia Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1900