Alfredo Souto Cuero, nado na Coruña o 14 de maio de 1862 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1940, foi un xuíz e pintor galego, considerado, xunto a Serafín Avendaño, precursor da escola galega de pintura.

Traxectoria Pertencente a unha familia da alta burguesía,, M.ª Ángeles. "Alfredo Souto Cuero" Diccionario Biográfico electrónico. RAH. foi fiscal, xuíz de primeira instancia, maxistrado e presidente de audiencia provincial, o que o levou a residir en varias cidades españolas, ata a súa xubilación en 1923. Discípulo de Román Navarro,Gran Enciclopedia Galega foi debuxante da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra de Casto Sampedro Folgar. En Madrid asistiu á Real Academia de Belas Artes de San Fernando., José Manuel. Colección Afundación O 13 de febreiro de 1938 ingresou como académico de número na Real Academia Galega de Belas Artes,Histórico de académicos numerarios RAGBA. baixo a presidencia do arquitecto Rafael González Villar.

Colaborou coa prensa en Galicia Moderna, Heraldo de Madrid, Blanco y Negro, La Ilustración Artística e La Ilustración Española y Americana.

Teñen obra súa a Academia Galega de Belas Artes, a Deputación da Coruña, o Museo de Belas Artes da CoruñaMuseo de Belas Artes da Coruña, a Colección Afundación, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, o Museo de Pontevedra, o Museo del PradoMuseo del Prado . e o Museo de HuelvaMuseo de Huelva . Vida persoal

Casou con María del Pilar Feijoo Freire de Andrade en 1887 e foi pai de Arturo Souto Feijoo (Pontevedra 1902 - México 1964), pintor.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Arturo Souto Feijoo Ligazóns externas

Bibliografía sobre Alfredo Souto en pintoresgallegos.com.

Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Fiscais de Galicia Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Debuxantes de Galicia