PEN International (coñecido como International PEN ata 2010), tamén chamado PEN internacional ou PEN Club, é unha asociación de escritores fundada en Londres en 1921 para promover a amizade e a cooperación intelectual entre os escritores de todo o mundo. Outros obxectivos inclúen promover a literatura, defender a liberdade de expresión e crear unha comunidade internacional de escritores. En 2010, a organización estaba composta por 145 centros en 104 países. Cada centro funciona de xeito autónomo e mantén ligazóns cos demais a través do secretariado internacional PEN. En canto aos membros, están abertos a todos os escritores que publicasen.

Dende outubro de 2015, a presidenta é Jennifer Clement, escritora mexicano-estadounidense que foi presidenta de PEN México. É a primeira muller presidenta da organización. PEN é cofundador do premio PEN/Faulkner, creado en 1981.

Historia miniatura|Catherine Amy Dawson Scott, cofundadora de PEN International O PEN International foi fundado o 5 de outubro de 1921 pola escritora inglesa Catherine Amy Dawson Scott. O novelista e dramaturgo inglés John Galsworthy foi o primeiro presidente da organización. Entre os seus primeiros membros estaban Joseph Conrad, Elizabeth Craig, George Bernard Shaw e H. G. Wells.

PEN orixinalmente era un acrónimo de "Poetas, Ensaístas, Novelistas", mais actualmente significa "Poets, Playwrights, Editors, Essayists, Novelists" ("Poetas, Dramaturgos, Editores, Ensaístas, Novelistas"), e inclúe escritores en calquera forma de literatura, como xornalistas e historiadores.

Entre os antigos presidentes de PEN International están Alberto Moravia, Heinrich Böll, Arthur Miller, Mario Vargas Llosa, Homero Aridjis, Jiří Gruša e John Ralston Saul.

Comités Comité de Escritores Presos. Comité de Tradución e Dereitos Lingüísticos. Comité de Escritores pola Paz. Comité de Mulleres Escritoras.

Notas

Véxase tamén Bibliografía . Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Organizacións internacionais