Avelino García García, coñecido como Avelino da Xalleira, nado en Maio Pequeno (Liñaio, Negreira) cara a 1914 e finado en Pessac (Xironda) o 12 de maio de 2016,"El negreirés que sobrevivió a Mauthausen", La Voz de Galicia, Santiago, 5-4-2019, p. 7. foi un político galego.

Traxectoria Emigrou a Francia en 1929 con 15 anos, levado pola súa nai Isolina García, que emigrara ante. Traballou de leñador nos bosques das Landas. Retornou a España para participar na guerra civil. Presentouse voluntario no Consulado de España en Bordeos. Xunto con outros españois foi enviado a Barcelona. Formou parte da 5ª Compañía do 6º Batallón, 120 Brigada da 26 División do Exército, participando nas operacións militares que tiveron lugar contra os sublevados.

Ao remate da guerra volveu de novo a Francia e formou parte das Compañías de Traballadores Estranxeiros preto da Liña Maginot. Logo da invasión alemá foi detido en maio de 1940. Xunto con outros mozos republicanos foi recluído en Fallingbostel (Baixa Saxonia). Foi dos primeiros en chegar ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen, cunha expedición de 1.506 mozos compatriotas, o 27 de xaneiro de 1941. Traballou nunha fábrica de motores de avións próxima a Mauthausen, despois nun túnel cun martelo picón no subcampo de Güsen para finalmente conducir un tren que trasladaba material.

Cando o campo foi liberado marchou a Pessac, onde se instalou até a súa morte.

Integrouse na Federación de Exiliados Deportados e Resistentes Patriotas."Avelino García, el negreirés que salió vivo del campo nazi de Mauthausen", La Voz de Galicia, Santiago, 3-11-2018, p. 9.

Recoñecementos Medalla de Ouro ao deportado da República Francesa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Negreira en Mauthausen Unha investigación reconstrúe a vida do negreirés que sobreviviu aos nazis

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Negreira Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes