Os cantes mineiro-levantinos son un estilo flamenco que se desenvolveu no século XIX na Serra mineira de Cartaxena-La Unión como resultado das grandes migracións de almerienses a esta rexión.

Segundo Manuel Moya, esta acepción toma corpo co nacemento do Festival del Cante de las Minas de La Unión en 1961, aínda que o poeta sevillano Manuel Machado xa a mencionase en 1912 no poema “La Lola”, dentro da súa colección de poemas chamado Cante Hondo.Pedro Fernández Riquelme, "La denominación de los cantes de las minas. ¿Realidad descriptiva o capricho de los flamencólogos?", Sinfonía Virtual. Revista de Música Clásica y Reflexión Musical, nº 29 (2015/verano), 13 pp.

Trátase dun cante con copla de catro ou cinco versos octosílabos. É unha modalidade moi remarcada de taranta (apenas presenta diferenzas con esta, salvo determinados matices melódicos moi remarcados). O seu creador foi o alacantino Rojo El Alpargatero, quen a legou ao seu fillo para que se perpetuase na historia.

Da malagueña, a granaína e o taranto de Almería, paus herdeiros do fandango, traídos polos obreiros andaluces e o seu contacto cos fandangos locais, xurdiron os denominados cantes mineiro-levantinos:

A taranta. Cante difícil, longo e de profunda fondura procedente do fandango almeriense. A minera: Cante tamén difícil e fondo baseado nas penalidades do traballo na mina. A cartagenera: Procede do aflamencamento dos fandangos locais do século XVIII. Non trata temas mineiros. O Fandango minero. A levantica. A murciana.

Desde o ano 1961 celébrase en La Unión todos os meses de agosto o Festival Internacional del Cante de las Minas. Neste festival rememóranse aqueles cantes, que sufridamente alzaban os antepasados mineiros durante o seu longo día de traballo dentro da mina e converteuse nun dos festivais máis importantes do mundo do flamenco en España.

Os seus principais intérpretes son Pencho Cros, Antonio Piñana, Encarnación Fernández, Fosforito e José Sorroche.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Cantes minero-levantinos" Enciclopedia Encarta Online. 2008. Microsoft .

Categoría:Flamenco