O Teatro de Tampere un teatro da cidade de Tampere, Finlandia. É un dos principais teatros da cidade xunto co Teatro dos Traballadores. Comezou a súa actividade en 1904, aínda que inicialmente non tiña un local propio, polo que tivo que cambiar de sede con frecuencia.

A construción do edificio principal do teatro comezaron en 1911 e foi deseñado polos arquitectos Kauno S. Kallio e Oiva Kallio. As obras finalizaron a finais do ano seguinte e a súa inauguración tivo lugar o 14 de febreiro de 1913. O edificio está situado no número 2 da Praza Central (Keskustori).

En 1982 a institución abriu unha nova sala, o Frenckell Teatteri, situado na antiga propiedade industrial preto do distrito de Finlayson.

Directoras e directores do teatro miniatura|Kaarle Halme, primeiro director do Teatro de Tampere. Kaarle Halme 1904–1905 Elli Tompuri 1905 Pontus Artti 1905–1906 Aarne Orjatsalo 1906 Hemmo Kallio 1906–1907 Pekka Alpo 1907–1912 Jalmari Hahl 1912–1915 J. A. Pärnänen 1915–1916 Valle Sorsakoski 1916–1917 Jalmari Lahdensuo 1917–1918 Mia Backman 1918–1921 Jalmari Lahdensuo 1921–1923 Teuvo Puro 1923–1924 Eino Salmelainen 1925–1934 Wilho Ilmari 1934–1937 Arvi Kivimaa 1937–1940 Kaarlo Aarni 1940–1942 Raoul af Hällström 1942–1943 Glory Leppänen 1943–1949 Jouko Paavola 1949–1955 Sakari Puurunen 1955–1959 Kalervo Nissilä 1959–1963 Rauli Lehtonen 1963–1988 Esko Roine 1988–1998 Heikki Vihinen 1998–2010 Reino Bragge 2010–2020 Mikko Kanninen 2020–

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sito web do Teatro de Tampere

Categoría:Teatros de Tampere