O Masacre de Múnic ocorreu durante os Xogos Olímpicos de 1972 en Múnic, Alemaña, cando membros do equipo olímpico israelí foron tomados como reféns pola organización terrorista palestina Setembro Negro, un grupo relacionado coa organización de Yasser Arafat, Fatah.PLO-Black September Link State Department Documents. 13 de marzo de 1973 (JVL) Os terroristas asasinaron a 11 atletas israelís e a un oficial de policía alemán. Cinco dos oito secuestradores foron mortos pola policía durante unha tentativa de rescate. Os tres secuestradores superviventes foron máis tarde postos en liberdade por Alemaña, tralo secuestro dun avión de Lufthansa. O masacre foi seguido por unha serie de asasinatos israelís dos principais planificadores, como vinganza.

Simon Reeve escribiu que o ataque foi un dos incidentes terroristas máis significativos dos tempos recentes, un que "colocou a causa palestina no centro de atención do mundo, establecendo o ton de décadas de conflito no Oriente Medio, e comezando unha nova era de terrorismo internacional".Reeve, Simon. One Day in September, 2001.

A toma de reféns 300px|miniatura|Vista frontal do apartamento da vila olímpica onde se aloxaba a delegación israelí e onde foron retidos. De acordo cos medios de información, os atletas israelís gozaran dunha noite fóra o 4 de setembro, vendo unha actuación de Fiddler on the Roof antes de volver á Cidade Olímpica. Ás 4:30 da madrugada do 5 de setembro, cando os atletas durmían, oito membros encapuchados de Setembro Negro portando bolsas de lona con pistolas e granadas escalaron unha vala de dous metros coa axuda de atletas americanos que non sospeitaban nada e que tamén entraban furtivamente no recinto olímpico. Unha vez dentro, os terroristas empregaron unhas chaves roubadas para entrar nos dous apartamentos de 31 Connollystraße que estaban a ser usados polo equipo israelí.

Yossef Gutfreund, un árbitro de loita israelí de 40 anos, escoitou a alguén rabuñando discretamente na porta do primeiro dos apartamentos. Cando investigou, viu a porta comezando a abrirse e homes enmascarados e con pistolas ó outro lado da porta. El berrou "Hevre tistalku!" (en hebreo חברה תיסתלקו ; Rapaces, saíde de aquí!) e lanzou o seu corpo de 135 kg. de peso contra a porta para tentar deter a entrada dos palestinos. O aviso de Gutfreund permitiu ó seu compañeiro de habitación, o preparador de levantamento de peso Tuvia Sokolovsky, crebar unha fiestra e fuxir. O adestrador de loita Moshe Weinberg, de 33 anos, loitou para botar ós intrusos, que lle dispararon na cara, forzando ó home a levalos ó apartamento 3, onde os terroristas tomaron a outros seis loitadores e levantadores de peso como novos reféns.

Weinberg, nun movemento calculado, probablemente salvou as vidas dos residentes do apartamento 2. Malia estar seriamente ferido e cativo, Weinberg mantivo o seu enxeño e mentiu ós terroristas cando lle interrogaron, dicíndolles que os residentes do apartamento 2 non eran israelís. El probablemente pensou que os homes máis grandes e fortes do apartamento 3 terían unha mellor oportunidade de loitar contra os intrusos. Dentro do apartamento 2, o corredor Dr. Shaul Ladany fora espertado polos berros de Gutfreund e de seguido escapara. Os outros catro residentes do apartamento 2 (os tiradores Henry Hershkowitz e Zelig Stroch e os espadachíns Dan Alon e Moshe Yehuda Weinstain), máis os dous doutores do equipo e o xefe da delegación Shmuel Lalkin, lograron esconderse e fuxir despois do edificio.

Cando os atletas do apartamento 3 estaban a ser trasladados ó apartamento dos adestradores, Weinberg atacou os secuestradores, xunto cun dos seus loitadores, Gad Tsobari, para fuxir polo garaxe subterráneo. O forte Weinberg deixou un dos intrusos inconsciente e acoitelou a outro cun coitelo de froitas denantes de que lle disparasen ata a morte. O levantador de peso e pai de tres nenos Yossef Romano, de 31 anos, tamén atacou e feriu un dos intrusos antes de ser asasinado.

Os terroristas quedaron con nove reféns vivos: ademais de Gutfreund, atraparon ó levantador de peso David Berger, de 28 anos; a Ze'ev Friedman, 28; o loitador Eliezer Halfin, 24; os adestradores Amitzur Shapira, de 40, e Kehat Shorr, de 53; ó loitador Mark Slavin, 18; ó adestrador de esgrima Andre Spitzer, de 27; e ó xuíz de levantamento de peso Yakov Springer, de 51 anos. Gutfreund, fisicamente o máis grande dos reféns, foi atado a unha cadeira; o resto foi aliñado de catro en catro nas dúas camas na habitación de Spitzer e Shorr e atados polos pulsos e nocellos, cada un ós demais. O corpo atravesado polas balas de Romano foi deixado ós pés dos seus camaradas atados como aviso.

Os terroristas foron subseguintemente recoñecidos como membros da fedayeen palestina, procedentes de campos de refuxiados no Líbano, Siria, e Xordania. Foron identificados como Luttif Afif ("Issa"), o líder (tres dos seus irmáns foron identificados tamén como membros de Setembro Negro, dous deles en cárceres israelís), o seu segundo Yusuf Nazzal ("Tony"), e os xoves membros Afif Ahmed Hamid ("Paolo"), Khalid Jawad ("Salah"), Ahmed Chic Thaa ("Abu Halla"), Mohammed Safady ("Badran"), Adnan Al-Gashey ("Denawi"), e o seu curmán Jamal Al-Gashey ("Samir"). Segundo Simon Reeve, Afif, Nazzal e outro dos seus compañeiros traballaran en diversos lugares da Cidade Olímpica, e pasaran varias semanas estudando o seu obxectivo. Un membro da delegación olímpica uruguaia, que vivira cos israelís, dixo que atopara a Nazzal dentro de 31 Connollystraße menos de vinte e catro horas antes do ataque, pero dende que foi recoñecido como un traballador da Cidade, nada pensouse daquilo naquel momento. Os outros membros do equipo dos secuestradores entraran en Múnic por tren e avión uns días antes do ataque. Tódolos membros dos equipos olímpicos do Uruguai e Hong Kong, que tamén compartían edificio cos israelís, resultaron ilesos.

Demandas dos terroristas Os terroristas demandaron a liberación e un traslado seguro a Exipto de 234 palestinos e non-árabes que estaban na cadea en Israel, xunto con dous prisioneiros alemáns, Andreas Baader e Ulrike Meinhof, que eran membros da Fracción do Exército Vermello. Os secuestradores lanzaron o corpo de Weinberg a fóra do edificio para demostrar a súa resolución. A resposta de Israel foi inmediata e absoluta: non habería negociación. As autoridades alemás, baixo o liderado do chanceler Willy Brandt e do Ministro de Interior Hans-Dietrich Genscher rexeitaron o ofrecemento de Israel para mandar unha unidade das forzas especiais israelís a Alemaña. Aínda así, a policía alemá que tomou parte nunha tentativa de rescate non tiña especial adestramento en crises deste tipo.

Segundo o xornalista John K. Cooley, a situación presentaba unha extremadamente difícil situación política para Alemaña porque os reféns eran xudeus. Os alemáns ofreceron ós palestinos unha ilimitada cantidade de cartos pola liberación dos atletas, así como a súa substitución por altos cargos alemáns. De todos xeitos, os terroristas rexeitaron ámbalas dúas ofertas.

O xefe da policía de Múnic Manfred Schreiber e Ahmed Touni, xefe do equipo olímpico exipcio, negociaron directamente cos secuestradores, repetíndolles a oferta dunha ilimitada cantidade de cartos. Segundo Cooley, a resposta foi "os cartos non significan nada para nós; as nosas vidas non significan nada para nós." Os embaixadores de Tunisia e Libia tamén axudaron tentando gañar concesións dos secuestradores, pero foi en van. Aínda así, os negociadores aparentemente eran capaces de convencer ós secuestradores de que as súas demandas estaban a ser consideradas, xa que Issa garantiu un total de cinco aprazamentos das súas datas límite. Noutras partes do lugar os atletas continuaban con normalidade, semellando ignorar os acontecementos que estaban a suceder preto de alí. Os xogos continuaron ata que o Comité Olímpico Internacional forzou unha suspensión de 12 horas trala morte do primeiro atleta.

Unha pequena escuadra de policía alemá foi enviada á Cidade Olímpica. Vestidos con traxes de deporte olímpicos e portando armas automáticas, eran membros da policía alemá da fronteira, non adestrados na resposta antiterrorista, e sen planos operacionais específicos para o rescate. A policía tomou posicións agardando ordes que nunca chegarían.

Ó mesmo tempo, os equipos de televisión filmaban as accións da policía dende os apartamentos alemáns, e proxectaban as imaxes en directo na televisión. Os terroristas puideron ver á policía cando se preparaba para atacar. O metraxe amosa ós terroristas inclinándose para ver á policía que se estaba a agochar na azotea. Ó final, despois de que Issa ameazara con matar a dous dos reféns, a policía abandonou os seus postos.

Nun punto da crise, os negociadores requiriron contacto directo cos reféns para asegurárense de que os reféns israelís estaban aínda vivos. O adestrador de esgrima Andre Spitzer, que falaba alemán con soltura, e o adestrador de tiro Kehat Shorr, o membro máis vello da delegación israelí, tiveron unha conversación curta con Schreiber e Genscher que estaban na fiestra do segundo piso do edificio, con dous secuestradores apuntándolles coas súas pistolas. Cando os secuestradores volvéronse impacientes coas prolongadas respostas de Spitzer ás preguntas dos negociadores, o adestrador foi golpeado coa pistola xusto diante das cámaras internacionais e apartado da fiestra. Uns poucos minutos despois, a Genscher e Walter Tröger, o maior da Cidade Olímpica, foilles permitido entrar brevemente nos apartamentos e falar cos reféns. Tröger dixo sentirse moi conmovido pola dignidade coa cal os israelís mantíñanse, e que semellaban aceptar ó seu destino.Reeve El tamén sinalou que algúns dos reféns, especialmente Gutfreund, amosaban sinais de ter sido maltratados fisicamente polos secuestradores, e que David Berger tiña unha gran ferida de bala no seu ombro.

O rescate errado Despois de máis de medio día de intensas negociacións, os terroristas demandaron ser transportados a un aeroporto. As autoridades deron a súa aprobación, e ás 10:10 p.m. dous oficiais de policía transportaron ós terroristas e ós seus reféns a unha base aérea próxima, onde un avión Boeing 727 agardaba. Inicialmente, os terroristas quixeron ir ó Riem, o aeroporto Internacional preto de Múnic, pero os negociadores convencéronlles de que Fürstenfeldbruck sería moito máis práctico. As autoridades tiñan outro motivo: planearan un asalto armado contra os terroristas no aeroporto.

Cinco francotiradores alemáns, ningún dos cales tiña un especial adestramento, foron elixidos para disparar ós secuestradores. Foron escollidos simplemente porque disparaban competitivamente os fins de semanaTIME article, part 5, 5 de agosto 2002. Durante a subseguinte investigación alemá, un dos francotiradores identificado como o “Francotirador No. 2” manifestou: “Son da opinión de que non son un tirador de élite.”CBS News article on 2002 comemoration of the massacre , 5 de setembro 2002

Os francotiradores foron colocados no aeroporto pero as autoridades descubriron sorprendidas que había oito terroristas. Non había tanques nin transportes armados de persoal no lugar. Segundo John Cooley, había un ou dous oficiais israelís que asistían á operación. Tanto Reeve como Groussard citan ó xefe do Mossad Zvi Zamir e a Victor Cohen, un dos maiores asistentes de Zamir, como os oficiais israelís presentes en Fürstenfeldbruck, pero só como observadores. Zamir ten manifestado repetidamente que nunca foi consultado polos alemáns en busca de consello ou de asistencia durante a tentativa de rescate.