Fritz von Wettstein, tamén coñecido como Friedrich Wettstein e Ritter von Westersheim, nado o 24 de xuño de 1895 en Praga, e finado o 12 de febreiro de 1945 en Trins, foi un botánico, taxonomista e xenetista austríaco.

Traxectoria Carreira científica Fritz Wettstein era fillo do tamén botánico Richard von Wettstein. De 1925 a 1931 foi profesor na Universidade de Gotinga, e de 1931 a 1934 na de Múnic. En 1934 foi o director do Instituto Kaiser Wilhelm de bioloxía, situada en Berlin-Dahlem, un barrio de Berlín. (Esta institución foi suprimida en 145).

Wettstein fixo unha importante contribución á ciencia botánica e á xenética. Traballou especialmente na herdanza citoplasmática en musgos e algas. Seguindo a Erwin Baur no Instituto Kaiser Wilhelm , investigou híbridos e poliploides de musgos e avanzou na comprensión das relacións e características das formas poliploides.

Política Wettstein foi acremente criticado porque, en conferencias científicas internacionais antes da segunda guerra mundial, defendeu as ideas raciais do nazismo.Research Program: History of the Kaiser Wilhelm Society in the National Socialist Era (PDF).

Algunhas obras Morphologie und Physiologie des Formwechsels der Moose auf genetischer Grundlage (1924). Über plasmatische Vererbung sowie Plasma-und Genwirkung (1930). Genetik (1932). Karl von Goebel (1933).

Abreviatura A abreviatura F.Wettst. empréganse cara recoñecer a como autoridade da descrición e taxonomía en botánica F.Wettst. – Fritz (Friedrich) Wettstein (1895-1945) no IPNI.

Notas

Categoría:Científicos de Austria Categoría:Botánicos de Austria Categoría:Xenetistas Categoría:Profesores da Universidade de Gotinga Categoría:Profesores da Universidade de Múnic Categoría:Nados no estado do Tirol Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1945