Walter Marty Schirra Jr., nado en Hackensack, Nova Jersey, o 12 de marzo de 1923 e finado o 3 de maio de 2007, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Atlas 8, Gemini 6A e Apollo 7.

Traxectoria Schirra graduouse na Facultade de Enxeñaría de Newark e pasou pola Academia Naval dos Estados Unidos. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1959 como un dos sete candidatos para as misións do proxecto Mercury. Participou nas misións Mercury-Atlas 8, Gemini 6A e Apollo 7, pasando un total de 12,30 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mercury-Atlas 8 Gemini 6A Apollo 7

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Hackensack, Nova Jersey Categoría:Finados en 2007