O Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete é o parque nacional máis grande de Colombia e o parque nacional de selva tropical máis grande do mundo. Foi estabelecido o 21 de setembro de 1989 e foi expandido dúas veces, a primeira en agosto de 2013 e a segunda en xullo de 2018. O parque abrangue unha área de 43.000 km² e inclúe as montañas da Serra de Chiribiquete e as terras baixas dos arredores, que están cubertas de selva tropical chuviosa, sabanas e ríos.
Historia O Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete foi estabelecido o 21 de setembro de 1989. Foi expandido dende os 13.000 km² iniciais ata os 28.000 km² o 21 de agosto de 2013. O presidente Juan Manuel Santos anunciou que o Parque Nacional de Chiribiquete sería expandido uns 15.000 km² o 21 de febreiro de 2018. O parque alcanzou os 43.000 km² e foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 2 de xullo de 2018.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Serra de Chiribiquete Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Colombia Categoría:Parques nacionais de Colombia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1989