Richard Alan Searfoss, nado en Mount Clemens, Míchigan, o 5 de xuño de 1956 e finado o 29 de setembro de 2018, foi un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-58, STS-76 e STS-90.
Traxectoria Searfoss graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1978 e era máster en aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de California. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-58, STS-76 e STS-90 e pasando un total de 39,14 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-58 STS-76 STS-90
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en Míchigan