Austrasia (Austrasie en francés e Austrasien en alemán) é o nome baixo o que se coñece a parte nororiental do Reino Franco durante o período dos reis merovinxios, en contraposición a Neustria que era a parte noroccidental.

Clodoveo I o Grande, rei dos francos, dispuxo que o seu reino fose dividido entre os seus fillos á súa morte. A Clotario I o Vello deulle Neustria, a Teodorico I deulle Austrasia, a Sexismundo deulle Borgoña e a Khildeberto I deulle París. Desde a división do reino franco en 511 ata que Pipino o Breve reunificara o Reino Franco a mediados do século VIII iniciando a dinastía carolinxia, Austrasia foi durante a maior parte do tempo un reino independente con capital en Metz.

Austrasia comprendía territorios do leste da actual Francia, oeste de Alemaña, Bélxica e os Países Baixos. De forma aproximada comprendía as terras situadas nas concas dos ríos Rin, Mosa e Mosela. Ademais de Metz incluía localidades como Reims (que serviu de capital para algúns reis de Austrasia), Colonia ou Tréveris. A súa influencia prolongábase cara ao leste chegando a Turinxia e Baviera.

Desde a creación do reino en 511, Austrasia estivo constantemente envolvida en disputas coa súa veciña Neustria. Estas disputas alcanzaron o seu clímax coas guerras que enfrontaron á raíña Bruniquilda de Austrasia e a raíña Fredegunda de Neustria. En 613 unha rebelión da nobreza contra Bruniquilda depuxo á raíña e entregouna, xunto co reino, ao rei Clotario II de Neustria, que reunificou ambos reinos e creo un Reino Franco unido gobernado desde París.

Co debilitamento da influencia real en Austrasia, o posto de mordomo de palacio converteuse no auténtico poder fáctico do reino e converteuse en hereditario dentro da familia carolinxia. Desde que os carolinxios depuxeron ao último rei merovinxio, Austrasia non volveu formar un reino separado. Baixo os sucesores de Carlomagno recibía o nome de Austrasia a parte oriental do Imperio, a futura Alemaña.

Duques e Reis de Austrasia ??? - 448 Clodoveo O Ripuario 448 - 483 Khildeberto 483 - 509 Sixiberto 509 - 509 Cloderico O Parasito 509 - 511 Clodoveo I 511 - 534 Teodorico I de Austrasia 534 - 548 Teodoberto I de Austrasia 548 - 555 Teobaldo de Austrasia 555 - 561 Clotario I 561 - 575 Sixiberto I 575 - 596 Khildeberto II 596 - 613 Teodoberto II 613 - 623 Clotario II 623 - 638 Dagoberto I 638 - 656 Sixeberto III 656 - 662 Khildeberto 662 - 675 Khilderico II 676 - 679 Dagoberto II 679 - 691 Teodorico III 691 - 695 Clodoveo III 695 - 711 Khildeberto III 711 - 715 Dagoberto III 715 - 717 Carlos Martel 717 - 719 Clotario IV 719 - 720 Carlos Martel 720 - 737 Teodorico IV 737 - 743 Carlos Martel 743 - 751 Khilderico III (tamén rei de Neustria)

Mordomos de Austrasia ??? - 548 Partemio ??? - ??? ??? 576 - 581 Gogo 581 - ??? Wandaleno ??? - ??? ??? 595 - ??? Protado ??? - 600 Claudio 600 - ??? Gundulfo ??? - 612 Landerico 612 - 613 Warnachar 613 - 616 Rado 616 - 623 Hugo 'Chulus' 623 - 629 Pipino de Landen 629 - 639 Ansexisel 639 - ??? Pipino de Landen (2ª vez) ??? - 642 Otto 642 - 656 Grimoaldo o Vello ??? - ??? ??? 662 - 675 Wulfoaldo 675 - 675 Leudesio 675 - 679 Wulfoaldo (2ª vez) 679 - 714 Pipino de Heristal ??? - ??? ??? 716 - 741 Carlos Martel 741 - 747 Carlomán 747 - 751 Pipino o Breve

En 751 Pipino o Breve proclámase rei derrocando ao último rei merovinxio e establecendo a dinastía carolinxia. Desaparece o cargo de mordomo de palacio, que antes ostentaba.

Véxase tamén Outros artigos Neustria

Categoría:Historia medieval de Francia Categoría:Francos