Prutah de Xoán Hircano I (134-104 a. de C.)220x220pxLenda hebrea en cinco liñas dentro dunha coroa: "Xoán Sumo Sacerdote e o Consello dos Xudeus".Dobre cornucopia adornada con cintas; milgranda entre cornos.Prutah. Xoán Hircano I. Ceca: Xerusalén. ca. 135-104 a. de C. AE. 13 mm. 2,02 g. Hendin 457.Hendin, D. (1976). Guide to Ancient Jewish Coins. Attic Books. ISBN 978-0915018116."Prutah - John Hyrcanus I". Numista.com
Prutah (hebreo: פרוטה; plural: פרוטוט, prutot) é unha antiga moeda hebraica de bronce de escaso valor que pesaba a milésima parte da libra, cuñada polos monarcas das dinastías asmonea e herodiana."Prutah". Forum Ancient Coins.
No Estado de Israel instaurado en 1948 retomouse esta denominación (na forma pruta, do hebreo moderno), como moeda divisionaria eqiuivalente á milésima parte da libra israelí.
Historia
Na Antigüidade O termo aparece na Biblia e no Talmude, co significado de "moeda de valor mínimo", probablemente derivado dun vocábulo arameo co mesmo significado.Pitchford, C. "Biblical Coinage. Coins that have links to Israel and the Bible "."Prutah". Jewish English Lexicon.
O prutah era a segunda moeda do seu tempo con menor valor, equivalente a dous lepta. En tempos dos Asmoneos e dos Herodianos era a moeda en uso de menor valor.
Tamén foi emitida polos gobernadores romanos da provincia de Xudea no século I d. de C., e posteriormente polos propios xudeus durante a primeira guerra xudeo-romana.Jacobson, D. M. (2019). "Coins of the First Century Roman Governors of Judaea and their Motifs". En Electrum. Vol. 26. Páxinas 73-96"Ancient Jewish Coins: Coins from the Procur ators (6-66 CE)". Jewish Virtual Library.
No moderno Estado de Israel miniatura|Xunto coas moedas, o novo Estado de Israel emitiu o billete de 500 pruta, en 1955. Ao que se estableceu o moderno Estado de Israel en 1948, o goberno solicitou á Sociedade Numismática de Israel que propuxese os deseños para emitir unha serie de moedas co nome de "pruta" (forma no hebreo moderno do antigo "prutah"). Leo Kadman, xunto co artista gráfico Otte Wallish, elaboraron uns esbozos baseados nos motivos característicos dos prutah emitidos durante a primeira guerra xudeu-romana (66-70 d. de C.), que, finalmente, foron os aprobados polo ministro das Finanzas, Eliezer Kaplan."Past Notes & Cois Series: Pruta Series ". Bank of Israel.
Este novo pruta era unha unidade divisionaria equivalente á milésima parte da libra israelí, en substitución do "mil", milésima parte da libra palestina, que fora a moeda emitida polo Mandato Británico de Palestina antes de maio de 1948."Pruta". Reppa Münzen-Lexikon (reppa.de).
A primeira serie leva por data o ano 5709 do calendario hebreo (1949 AD) e foi cuñada no Reino Unido, na compañía Imperial Chemical Industries e na Heaton Mint, de Bitrmingham.
En 1955, o Banco de Israel puxo tamén en circulación un billete de 500 pruta, que no seu anverso reproducía as ruínas da antiga sinagoga de Bir'am, na alta Galilea. Da produción destes billetes encargouse a compañía londiniense Thomas de la Rue."First Series of the Pound ". Bank of Israel. +Serie de moedas do ano 5709 AM [1949 AD]ImaxeFacialParámetros técnicosDescriciónReversoAnversoDiámetroEspesorPesoAliaxeReversoAnversoCanto175x175px1 pruta "1 Pruta". Numista.com21,0 mm1,59 mm1,30 gAlÁncora.
ישראל
اسرائيل
("Israel")Valor e data entre pólas de oliveiraLiso173x173px5 pruta "5 Pruta". Numista.com20,0 mm1,50 mm3,20 gAeLira.
ישראל
اسرائيل
("Israel")192x192px10 pruta "10 Pruta". Numista.com27,0 mm1,52 mm6,10 gÁnfora.
ישראל
اسرائيل
("Israel")170x170px25 pruta "25 Pruta". Numista.com19,5 mm1,32 mm2,80 gCu-NiAcio.
ישראל
اسرائيل
("Israel")Estriado180x180px50 pruta "50 Pruta". Numista.com23,5 mm1,76 mm5,69 gFolla de vide.
ישראל
اسرائيل
("Israel")190x190px100 pruta "100 Pruta". Numista.com28'5 mm2,40 mm11,30 gPalmeira.
ישראל
اسرائيل
("Israel")205x205px250 pruta "250 Pruta". Numista.com32,2 mm14,10 gEspigas de orxo.
ישראל
اسرائيل
("Israel")220x220px500 pruta "500 Pruta". Numista.com37,1 mm25,0 gMilgrandas.
ישראל
اسرائيل
("Israel") miniatura|194x194px|Reemisión dos 10 prutah en 1952, en aluminio e con forma lobulada, aínda que mantendo a característica ánfora. Entre 1952 e 1957 emitíronse novamente algúns destes valores, nalgúns casos cambiando as aliaxes de cuñaxe mais mantendo os motivos representados, aínda que máis estilizados.
Finalmente, o pruta deixou de existir en 1960, cando o Goberno israelí determinou cambiar a moeda fraccionaria da libra israelí, que pasou a dividirse en 100 agorot.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda dos gobernadores romanos de Xudea
Ligazóns externas Ancient prutah. CoinArchives.com
Categoría:Moedas de Israel Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas divisionarias