miniatura|250px|SERT 1 antes do lanzamento. Space Electric Propulsion Test ou SERT foi unha serie de dous satélites artificiais dos Estados Unidos lanzados en 1964 e 1970.

Características Os satélites SERT foron satélites para probar a tecnoloxía de propulsión iónica. Foron construídos pola NASA e lanzados en 1964 e 1970.

SERT 1 SERT 1 foi unha proba suborbital dos motores iónicos construídos polo Centro de Investigación Lewis da NASA. Foi lanzado mediante un foguete Scout X3 desde Wallops Island. O satélite levaba a bordo dous motores iónicos: un motor iónico de contacto de cesio de 8 cm de diámetro e outro de bombardeo de mercurio por electróns cun diámetro de 10 cm. O motor de cesio non chegou a acenderse por culpa dun curtocircuíto, mentres que as probas co motor de mercurio foron un éxito.

SERT 2 SERT 2, con 1400 kg de masa, foi lanzado o 4 de febreiro de 1970 mediante un foguete Thor Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita duns 1048 km de altura e 99,3º de inclinación orbital. SERT 2 levaba a bordo dous motores iónicos. Un deles funcionou durante máis de cinco meses, mentres que o outro funcionou durante tres. Fixéronse probas intermitentes posteriormente entre 1973 e 1981.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSERT 120 de xullo de 1964Scout X4ÉxitoSERT 14 de febreiro de 1970Thor Agena DÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Scout X4 Thor Agena D

Categoría:Satélites artificiais