Os Xogos da VI Olimpíada da era moderna nunca se realizaron, por mor da Primeira guerra mundial. Os Xogos íanse celebrar en Berlín, Alemaña.

En maio de 1912, o Comité Olímpico Internacional escolleu Berlín como cidade organizadora dos Xogos da VI Olímpiada, en detrimento de Alexandría e Budapest. Cando se iniciou a Primeira guerra mundial, en 1914 os preparativos dos Xogos non se interromperon, pois non se prevía que a guerra durase anos, mais o prolongamento do conflito tornou imposible a realización do evento.

Categoría:Deporte en 1916 Categoría:Xogos Olímpicos