Eusebio Barjadí Azara, nado en Graus, Huesca o 19 de decembro de 1776 e finado en Huete o 7 de marzo de 1842, foi un avogado e político español.

Traxectoria Estudou dereito en Zaragoza e en Boloña. Cando rematou de estudar foi destinado como diplomático a Boloña, París e Viena, até que coa Guerra da Independencia Española volveu a España formando parte das cortes constituíntes de Cádiz. Ocupou a carteira de Ministro da Guerra e de Facenda, para logo marchar a Rusia como diplomático. Co reinado de Fernando VII volveu a Italia, Gran Bretaña e Francia. De volta a España foi nomeado Presidente do Consello de Ministros (actualmente Presidente do Goberno), cargo que ostentou dende o 18 de agosto ao 18 de outubro de 1837.

Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Diplomáticos Categoría:Nados en Graus Categoría:Nados en 1776 Categoría:Finados en 1842 Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza