Adiato Djaló Nandigna, nada o 6 de novembro de 1958, é unha política de Guinea-Bissau. Traballou en 2012 como Primeira ministra interina de Guinea-Bissau, ata que o goberno foi derrocado no golpe de estado de 2012, sendo arrestada polos servizos de seguridade en 2013. Posteriormente regresou como Ministra de Defensa no gabinete do Primeiro Ministro Carlos Correia en 2015.

Traxectoria En 2008, Adiato Djaló Nandigna traballou como Ministra de Cultura, Mocidade e Deportes.

Asumiu o cargo de primeira ministra interina de Guinea-Bissau o 10 de febreiro de 2012, sendo a primeira muller en ocupar o cargo. Paralelamente tamén traballou como portavoz do goberno. Anteriormente fora Ministra de Comunicacións do Primeiro Ministro Carlos Gomes Júnior.

Foi deposta nun golpe de estado xunto co presidente interino Raimundo Pereira e outros membros civís do goberno. Nandigna foi arrestada o 21 de novembro de 2013 polos servizos de intelixencia e seguridade de Guinea-Bissau, unha medida que foi criticada pola liga de Dereitos Humanos Guineana.

Despois de converterse en asesora do presidente José Mário Vaz, foi nomeada para o cargo de Ministra de Defensa en 2015 baixo o mandato do Primeiro Ministro en funcións Carlos Correia.

Notas

Categoría:Políticos de Guinea-Bissau Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Guinea-Bissau