Otis Ray Redding, nado en Macon (Xeorxia) o 9 de setembro de 1941 e finado en Madison (Wisconsin) o 10 de decembro de 1967, foi un cantante afroamericano de soul, coñecido como o rei do soul; o seu éxito maior foi póstumo, "Sittin' On the Dock of the Bay".
O seu estilo estaba baseado no sentimento sobre todo, seguindo o ronsel da música espiritual negra e nos riffs de metal tomados do jazz, e especial de Count Basie.
Otis Redding morreu nun accidente aéreo. Ademais de escribir os seus propios éxitos tamén escribiu os de Joe Tex, Carla Thomas, Aretha Franklin, King Curtis e moitos outros. A súa influencia foi enorme e en especial foi fundamental no desenvolvemento do jazz-rock.
Categoría:Cantantes de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Nados en Macon, Xeorxia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades do soul Categoría:Finados en accidente aéreo