O Museo Lauri Viita (en finés Lauri Viita -museo) é un museo adicado ao escritor Lauri Viita, está situado no barrio de Ylä-Pispala, na cidade de Tampere (Finlandia). O museo encóntrase na casa na que o autor pasou a súa infancia e nela pode apreciarse a súa vida e a vida en xeral das persoas de clase traballadora de Pispala nos anos 1920 e 1930.
A casa foi construída en 1900 polo pai de Lauri Viita, Emil Viita, e o seu sogro Juho Nikander. A familia trasladouse á vivenda en 1920, catro anos despois do nacemento de Lauri.
A casa renovouse e transformouse en museo en 1977, e ata 2003 este só contaba cun cuarto e a cociña. Foi nese ano cando grazas á axuda financiamentos locais o museo se ampliou cunha nova estancia que contén unha exposición permanente adicada á vida e obra do autor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do museo
Categoría:Museos de Tampere