Shi Jian 2B ou SJ 2B foi un satélite artificial da China lanzado o 19 de setembro de 1981 a bordo dun foguete Feng Bao 1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan xunto cos satélites Shi Jian 2 e Shi Jian 2A.

Características SJ 2B foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 257 kg e foi lanzado como obxectivo de calibración para radares terrestres. O satélite consistía nunha esfera inflable de 4 m de diámetro unida por un cable de 600 m de longo a unha esfera de metal de 45 cm de diámetro. O satélite reentrou na atmosfera o 26 de setembro de 1981. Un satélite idéntico non chegou a órbita nun lanzamento anterior, polo que SJ-2B pode considerarse o seu sucesor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Shi Jian 1 Shi Jian 2 Shi Jian 2A Shi Jian 4 Shi Jian 5 Shi Jian 6 Shi Jian 7 Shi Jian 8 Shi Jian 9A Shi Jian 9B Shi Jian 10 Shi Jian 11 Shi Jian 12 Shi Jian 13

Categoría:Satélites artificiais