Xosé Carlos Morell González, nado en Vigo o 2 de outubro de 1968, é profesor de linguas modernas, consultor e investidor.

Traxectoria É titulado superior en Xestión Financeira e Contable, Xestión Comercial e Márketing e Comercio Internacional, e licenciado en Filoloxía Española e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na década de 1990, como profesor, participou en iniciativas culturais e educativas vinculadas ao uso do galego, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Vigo. Desenvolveu tamén a experiencia de publicación estudantil Redacción Xove, na que contou co apoio de Xaime Isla Couto. Formou parte da comisión creada polo Bispo de Tui-Vigo Xosé Diéguez Reboredo, para o establecemento de criterios de uso do galego na liturxia . miniatura|Xosé Carlos Morell Posteriormente desenvolveu actividade no sector privado, especialmente no ámbito da internacionalización empresarial no sector vitivinícola, con presenza en mercados como Alemaña, os Estados Unidos e China. Neste contexto participou na creación de estruturas de comercio exterior e foi designado protector no Shenzhen Public Welfare Center.

En 2013 foi promotor da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e que deu lugar á Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

A súa última publicación aborda o legado de Xaime Isla Couto no contexto contemporáneo.

Na actualidade é profesor de linguas europeas no ensino secundario e nas escolas oficiais de idiomas, con especial interese na hermenéutica, e exerce como consultor e investidor no espazo europeo común.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona