A escultura do Renacemento italiano comprende o período aproximado entre fins do século XIV e o inicio do XVI, cando a escultura italiana expresou unha reacción contra os principios estéticos do Gótico e, asimilando a influencia da arte da Antigüidade clásica, do humanismo e do racionalismo, desenvolveu un estilo que fundiu elementos naturalistas e outros idealistas. Despois de ensaios preliminares en Pisa, Siena e outras cidades do centro-norte italiano, o estilo renacentista apareceu nitidamente primeiro en Florencia. Algúns autores sinalan o inicio "oficial" do Renacemento en 1401, data en que foi realizado en Florencia un concurso público para a creación das portas en bronce do Baptisterio de San Xoán; outros apuntan 1408, cando foi encomendado a Donatello e Nanni di Banco un grupo de esculturas de santos para a fachada da Basílica de Santa María del Fiore. Sexa como for, foi a escultura a arte en que primeiro se observou a adopción dunha nova estética, e foi unha das artes máis representativas do Renacemento italiano.

As principais características da escultura renacentista italiana foron a súa definición como unha das formas de adquisición de coñecemento e como un instrumento de educación ética do pobo, e a súa preocupación de integrar a oposición entre o interese pola observación directa da Natureza e os conceptos estéticos idealistas desenvolvidos polo humanismo. Nunha época en que o home foi colocado no centro do universo, a súa representación asumiu tamén un papel central, coa consecuencia de facer florecer os xéneros da nudez artística e do retrato, que desde o fin do Imperio Romano caeran no esquecemento. Tamén foi retomada a temática mitolóxica, foi estabelecido un corpo de teoría para lexitimar e orientar a arte do período, e foi salientada a estreita asociación entre coñecemento teórico e unha rigorosa disciplina de traballo práctico como a ferramenta indispensábel para a creación dunha obra de arte cualificada. A escultura do Renacemento italiano nas súas tres primeiras fases foi dominada pola influencia da escola da Toscana, cuxo foco era Florencia, entón o maior centro cultural italiano e unha referencia para todo o continente europeo. A fase final foi conducida por Roma, na época engarzada nun proxecto de afirmación da universalidade da autoridade do papado como o herdeiro tanto de San Pedro como do Imperio Romano.

Para fins prácticos este estudo abrangue até o ano de 1527, cando despois dunha serie de invasións da Italia por españois (da Coroa de Aragón), franceses e alemáns, a cidade de Roma foi brutalmente saqueada polas tropas do Sacro Imperio. A mudanza de equilibrio político no panorama europeo que eses eventos deron orixe, xunto cunha drástica caí­da no optimismo, no racionalismo e na liberalidade artística que caracterizaron a cultura local, e máis o impacto perturbador da Reforma Protestante na atmosfera relixiosa, quebrando a unidade do Cristianismo, xustifican limitar naquela data o movemento renacentista italiano, aí­nda que algúns autores o estendan até o inicio do século XVII. Porén, xa é unha opinión corrente entre os estudosos, consagrada polos editores da Encyclopaedia Britannica, que esta última fase, cuxo reflexo nas artes se chamou manierismo, debe ser descrita de forma independente, por ser en moitos puntos distinta dos valores máis comunmente asociados co Renacemento.

Antecedentes Aínda que poidan ser sinalados marcos importantes na historia da cultura, que trouxeron á luz mudanzas importantes en relación a costumes anteriores, o Renacemento non representou unha virada súbita a partir do nada en relación á Idade Media, ao contrario, foi máis unha intensificación, nun proceso de evolución continuada, dun interese polas cousas da Antigüidade que existía desde séculos antes. As súas raíces de humanismo, naturalismo, racionalismo e idealismo estaban lanzadas desde a Grecia Antiga, en torno aos séculos VI-V a.C., e xamais se perderon enteiramente de vista para os italianos, en cuxo chan se perpetuaron varias reliquias do Imperio Romano, que era el mesmo un herdeiro da tradición grega e o principal axente da súa primeira transmisión á posteridade. Alén de monumentos e algunhas obras de arte, unha parte importante da literatura artística e filosófica grecorromana conservouse ao longo da Idade Media a través do traballo de copistas en varios mosteiros da Europa, e diversos principios clásicos foron incorporados ao pensamento filosófico e relixioso cristián.

Así mesmo que o Cristianismo teña escurecido ou adaptado eses principios para serviren á súa doutrina, o mundo clásico permanecía unha referencia viva non só para italianos, mais para varios outros pobos europeos. Por outro lado, o Cristianismo introduciu na Europa a noción de pecado, a doutrina do inferno e repudiou o corpo humano, e con iso creouse unha atmosfera psicolóxica un tanto sombría ao longo da Idade Media, facendo o home común considerar a si mesmo un ser abxecto e cuxo Deus era un tirano furioso e implacábel, sempre pronto a vingar ofensas das maneiras máis crueis.

Isto, porén, non deixa de ser unha simplificación en parte lanzada deliberadamente desde tempos de Vasari e continuada logo no paso do Neoclasicismo ao Romanticismo xa que en todo o medievo, como se dixo, houbo continuidade nas formulacións artísticas e filosóficas que naturalizaban e humanizaban os conceptos relixiosos, que sentaron as bases do método científico e que desembocou no propio Renacemento.

Unha tendencia á reforma nese estado de cousas tivo inicio coa consolidación das primeiras universidades. Desde mediados do século XI Parí­s xa se tornara o maior centro teolóxico e cultural da Europa a través da presenza de grandes filósofos e pedagogos como Pedro Abelardo e Hugo de San Vitor, e da actuación de varias escolas, que se fundiron para formar ao redor de 1170, a Universidade de Parí­s. Nese ambiente académico, bastante liberal e relativamente independente da Igrexa, gañou terreo unha filosofía humanista e estruturouse a doutrina do purgatorio, que ofrecía unha ví­a de escape do inferno a través dun estadio purificador preliminar á ascensión ao paraíso. Ao mesmo tempo a Virxe María, ben como outros santos, comezan a seren considerados grandes avogados da humanidade xunto á xustiza de Cristo. Nese proceso a antiga tendencia da fe cristiá de corrixir o pecador a través do medo e da ameaza co dano eterno foi atenuada pola visión que resaltaban a misericordia antes do que a ira divina, e que levaban máis en conta a falibilidade inherente á natureza humana.Clark, William W. Medieval cathedrals. Greenwood guides to historic events of the medieval world. Greenwood Publishing Group, 2006. pp. 74-75 esquerda|miniatura|Adán, atribuído a Pierre de Montreuil, orixinalmente na fachada da Catedral de Notre-Dame c. 1260. Ao mesmo tempo en que o humanismo ensinado nas escolas de filosofí­a redefinía principios fundamentais da fe, tamén posibilitaba a absorción de elementos da Antigüidade clásica na arte, afrouxaba a rigorosa ética que norteara o pensamento moral os séculos anteriores, e dirixía a atmosfera cultural en dirección a un maior laicismo, favorecendo o desprazamento do interese do supranatural para o mundano e para o humano.Jaeger, C. Stephen. The Envy of Angels: Cathedral Schools and Social Ideals in Medieval Europe, 950-1200. Middle Ages series. University of Pennsylvania Press, 1994. pp. 346 E tamén rescataba o valor da pura beleza das formas que fora perdido desde a Antigüidade, considerando, como fixo San Tomé de Aquino, que a Beleza estaba intimamente asociada coa Virtude, derivando da coordinación das partes dun obxecto entre si en proporcións correctas e da plena expresión da súa natureza esencial.Pontynen, Arthur. For the love of beauty: art, history, and the moral foundations of aesthetic judgment. Transaction Publishers, 2006. pp. 178-179 Segundo Hauser, nese período, chamado Gótico, completouse

"... a gran transición do espírito europeo do Reino de Deus para a Natureza, das cousas eternas para o ambiente inmediato, dos tremendos misterios escatolóxicos para os segredos máis inofensivos do mundo creado. (...) A vida orgánica, que despois do fin da Antigüidade perdera todo o valor e significado, unha vez máis se torna honrada, e as cousas individuais da realidade sensíbel son de agora en diante erguidas como suxeitos dunha arte que xa non require xustificacións sobrenaturais. Non hai mellor ilustración dese desenvolvemento do que as palabras de San Tomé de Aquino, 'Deus rexubila en todas as cousas, en cada cal de acordo coa súa esencia'. Elas son o epítome cabal da xustificación teolóxica do naturalismo. Todas as cousas, por pequenas e efémeras que poidan ser, teñen unha relación inmediata con Deus; todo expresa a divina natureza de súa maneira e así gaña valor e significado tamén para a arte".Hauser, Arnold. The Social History of Art. Routledge, 1999. Volume 1, pp. 210-215

Nese proceso de valorización do natural o corpo humano foi especialmente beneficiado, pois até entón era visto máis como un pedazo desprezábel de carne sucia e como a fonte do pecado. Esa aversión ao corpo fora unha nota omnipresente na cultura relixiosa anterior, e a representación do home primaba por unha estilización que minimizaba a súa carnalidade, pero agora se abandonaba definitivamente o esquematismo simbólico do Románico e do Gótico primitivo para se alcanzar en breve espazo de tempo un naturalismo que non se vira desde a arte grecorromana. A propia figura do Cristo, antes representado principalmente como Xuíz, Rei e Deus, humanizouse, e a adoración da súa humanidade pasou a ser considerada o primeiro paso para se coñecer o certo amor divino. A conquista do naturalismo foi unha das máis fundamentais de todo o Gótico, tornando posíbel séculos despois os avances aínda máis notábeis do Renacemento en relación a a mímese artística e á dignificación do home na súa beleza ideal.Nunes, Benedito. Diretrizes da Filosofia no Renascimento. In Franco, Afonso Arinos de Melo et alii. O Renascimento. Rio de Janeiro: Agir, MNBA, 1978. p. 64-77Altizer, Thomas J. J. History as apocalypse. SUNY series in religious studies. State University of New York Press, 1985. pp. 106-107 Conforme dixo Ladner,

"... na fin do século XI a espiritualización chegara a un clímax alén do cal era imposíbel proseguir; e por tanto a primeira metade do século XII foi un punto de virada na historia da imaxe do home na arte Cristiá, ben como no desenvolvemento da doutrina da semellanza entre a imaxe do home e a de Deus".Ladner, Gerhart. Ad Imaginem Dei: The Image of Man in Medieval Art. IN Kleinbauer, W. Eugène (ed). Modern perspectives in Western art history: an anthology of twentieth-century writings on the visual arts. Volume 25 de Medieval Academy reprints for teaching. University of Toronto Press, 1989. 432-448

Século XIII-XIV: o proto-Renacemento O Renacemento propiamente dito foi precedido na Italia por un importante período de fermentación cultural a partir de mediados do século XIII, en parte inspirado pola presenza dun novo movemento relixioso desencadeado polas ordes mendicantes, en especial a fundada por San Francisco de Asís, que orou entre os pobres falando da beleza do mundo natural e da dignidade do home, favorecendo unha relación máis directa e íntima con Deus, e o seu exemplo de vida estimulou os intelectuais e artistas a veren o mundo con outros ollos, con máis optimismo. Outro elemento de suma importancia foi o desenvolvemento da literatura a través de Dante Alighieri, Boccaccio e Petrarca, co resultado de produciren unha poesí­a concentrada na experiencia interior e nas variacións da natureza humana, expresa no vernáculo mais inspirada en modelos latinos.