miniatura|dereita|250px|Sede da RTVA en Córdoba. A Radio y Televisión de Andalucía (RTVA) é un ente público de comunicacións de carácter autonómico de Andalucía. Materializado en 1988 coa posta en marcha de Canal Sur Radio. Un ano despois, o 28 de febreiro de 1989, facéndose coincidir co día de Andalucía, comezan as emisións de Canal Sur e posteriormente Canal 2 Andalucía (actualmente chamado Canal Sur 2). Ademais de Canal Sur Radio posúe outras emisoras radiofónicas como Radio Andalucía Información cunha programación de noticias ininterrompida e Canal Fiesta Radio, orientado cara á mocidade. Conta ademais cun sistema de Teletexto difundido nas súas tres canles de televisión desde febreiro de 1997.
En 1998 crea a Fundación Audiovisual de Andalucía co fin de promover a industria audiovisual da autonomía. É membro da FORTA.
Medios de RTVA Televisión. Canal Sur Televisión (febreiro 1989, 24 horas). Canal Sur 2 (xuño 1998). Andalucía Televisión (febreiro de 1996, transmisións a Europa e por televisión por cable en España). Canal Sur HD, 26 de febreiro de 2010, emisións en probas. Canal Sur 24h. inicio emisións en probas: 1 de novembro de 2010. Radio. Canal Sur Radio (1988). Radio Andalucía Información (setembro 1988). Canal Fiesta Radio. Canal Flamenco Radio (29 de setembro de 2008).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da RTVA