A lingua emberá catío, ou simplemente coñecida como catío, é unha lingua emberá falada polo pobo emberá en Colombia e Panamá.Emberá-Catío, Ethnologue, 1992, consultado o 18 de abril de 2008 A lingua era falada por unhas 15 000 persoas en Colombia, e unhas poucas ducias en Panamá, segundo os datos publicados en 1992. Arredor do 90 ou 95% dos falantes eran monoligües, e o 1% estaban alfabetizados. A lingua tamén é coñecida como eyabida, e como moitas outras linguas embera, o termo embena quere dicir humano. O catío está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas chocó Bibliografía

Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas de Panamá Categoría:Linguas chocó