Ctenocarabus é un subxénero de insectos coleópteros da familia dos carábidos, pertencente ao xénero Carabus,Ctenocarabus no NCBI. cuxas especies son endémicas do suroeste de Europa e Marrocos.
Taxonomía Descrición O subxénero foi descrito en 1875 polo entomólogo franco-estadounidense James Thomson.
Etimoloxía O nome científico Ctenocarabus está formado polo elemento do latín científico cteno-, tirado do grego antigo κτείς, κτενός kteís, ktenós "peite",cteno- no Merriam-Webster Dictionary. e o nome do xénero Carabus. Literalmente, "os escarvellos que levan peites".
Especies O subxénero comprende dúas especies: Carabus galicianus Gory, 1839 Carabus melancholicus Fabricius, 1798
Caracteísticas Son escaravellos corredores grandes, oblongos, a de cores metálicas. O pronoto é arredondado, bastante estreito. Os élitros son anchos, máis ben abobadados, coa superficie lixeiramente coriácea, están percorridos por costelas lonxitudinais. As patas e as articulacións internas das antenas adoitan seren de cor vemella alaranaxada.
Distribución e hábitat O subxénero está moi estendido no suroeste de Europa e en Marrocos. Ambas as dúas especies pódense encontrar tanto en bosques como en campos abertos.
Posición sistemática A árbore filoxenética é a seguinte:Catalogue of Life - 2019 Annual Checklist. Orde Coleoptera Linnaeus, 1758 Suborde Adephaga Schellenberg, 1806 Superfamila Caraboidea Latreille, 1802 Familia Carabidae Latreille, 1802 Subfamilia Carabinae Latreille, 1802 Tribo Carabini Latreille, 1802 Subtribo Carabina Latreille, 1802 Xénero Carabus Linnaeus, 1758 Subxénero Ctenocarabus Thomson, 1875 Especie Carabus galicianus Gory, 1839 Especie Carabus melancholicus Fabricius, 1798 Subespecie Carabus melancholicus costatus Germar, 1824 Subespecie Carabus melancholicus melancholicus Fabricius, 1798 Subespecie Carabus melancholicus submeridionalis Breuning, 1975
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ctenocarabus en Lorenz, W. (2021): CarabCat: Global database of ground beetles (versión outubro de 2017). En: Catalogue of Life. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life (5-04-2021).
Outros artigos Carábidos Carabus Carabus galicianus
Ligazóns externas Foto de Carabus melancholicus.
Categoría:Adephaga