Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.

Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.

Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.

Modalidades disputadas

miniatura|240px|Participantes Atletismo. Boxeo. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Halterofilia. Hípica. Natación. Loita. Péntatlon moderno. Polo. Remo. Rugby. Tenis. Tiro. Vela.

Cadro de medallas

Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px Estados Unidos45272799 2 20px Finlandia14131037 3 20px Francia13151038 4 20px Reino Unido9131234 5 20px Italia83516 6 20px Suíza781025 7 20px Noruega52310 8 20px Suecia4131229 9 20px Países Baixos41510 10 20px Bélxica37313

No cinema A proba dos 100 m lisos foi gañada por un inglés, Harold Abrahams, poñendo fin a unha longa imbatibilidade norteamericana na máis popular das probas do atletismo. A historia desta proba e do seu campión foi levada ó cinema en 1981 no filme Chariots of Fire, que conquistou catro Óscars, entre eles o de mellor filme, e transformou o seu tema musical, do grego Vangelis, no himno de todos os corredores do mundo.

Notas

Categoría:Deporte en 1924 Categoría:Xogos Olímpicos