A lingua yurí (ou jurí) foi unha lingua indíxena falada outrora na rexión do río Caquetá, no Amazonas brasilieiro, estendéndose lixeiramente a Colombia. Foi falado no río Puré, en Colombia, e nos ríos Içá e Japurá, no Brasil.
Unha pequena cantidade de datos sobre a lingua foi recolectada en dúas ocasións no século XIX, en 1853 e 1867. Kaufman (1994:62, por Nimuendajú 1977:62) declara que hai boas evidencias léxicas que apian a conexión coa lingua ticuna e a familia ticuna–yurí, aínda que os datos non foron comparados explicitamente (Hammarström 2010).
Crese que o pobo yurí e a súa lingua sobreviven entre os pobos non contactados da rexión do río Puré, no Parque Nacional Natural Río Puré. Ademais, "yurí" é empregado a miúdo como sinónimo do único pobo nomeado da área, os carabayo. Unha lista de palabras recollidas en 1969 dos carabayo, recuperadas en 2013, suxire que a lingua esta estreitamente relacionada co yurí, aínda que quizais non sexa un descendente directo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Harald Hammarström, 2010, 'The status of the least documented language families in the world'. In Language Documentation & Conservation, v 4, p 183
Categoría:Linguas ticuna-yuri Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas mortas de América do Sur