José Paz Rodríguez, nado na Corna (Piñor) o 12 de abril de 1948 e finado en Vigo o 23 de abril de 2021, foi un profesor, pedagogo e escritor galego.
Traxectoria Licenciouse en Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, doutorouse na UNED cunha tese sobre Tagore.
Foi profesor en Ourense entre o 1969 e o 2010. Comezou exercendo de mestre e pasou á Normal na que foi Director e Vicedirector. Docente da Universidade de Vigo, Facultade de Educación de Ourense, colaborador na Visva-Bharati University na área de Didáctica e Organización escolar e profesor titor de Pedagoxía e Didáctica na UNED de Pontevedra.
Durante máis de trinta anos foi unha figura importante na cultura da cidade de Ourense, sempre moi ligado ao Cineclube Padre Feijoo. Organizou o programa “Ourense Lúdico” durante 18 anos e 27 edicións da Escola Internacional de Verán “Jornadas do Ensino de Galiza e Portugal”.
Dedicoulle parte da vida a estudar a figura de Rabindranath Tagore, chegando a reunir unha biblioteca de máis de trinta mil volumes sobre el. En vida non quixo que a súa biblioteca fose para a Cidade da Cultura ou a Casa da India de Valladolid, procurando que quedase en Ourense.
Colaborador de Todo literatura con artigos sobre Tagore; tamén de Revista Padres y Maestros / Journal of Parents and Teachers, Agália, Revista de Pedagogía, Perspectiva escolar, Papeles da la India, Boletim da Academia Galega da Lingua Portuguesa, The Visva-Bharati Quarterly: New Series, Leer, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, Cadernos do Povo. Colaborador de La Región con artigos varios e en Nós Diario, Portal Galego da Língua, A Nosa Terra, El Correo Gallego, A Peneira, Semanário Minho, Faro de Vigo, Teima, Tempos Novos, Bisbarra.
Destacado defensor da corrente lusista, foi membro da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa, colaborador destacado do Portal Galego da Língua, encargado da sección “Aulas de cinema”.
Obras
A Festa dos "Maios" na escola (1998). Ourense : ASPGP (Movimento de Renovação Pedagógica). ISBN 84-923796-0-X. José Solla (2005). Centro Cultural, Deputación Ourense. ISBN 84-96503-05-4. CASTELAO: Selections from ‘Matters of Life’ (2012). Monfakira. ISBN 978-93-80542-37-9. Con Rita Ray.
Obras colectivas
"Castelao, a escola e o ensino", en Actas Congreso Castelao. Tomo I: (Santiago de Compostela, 24-29 de novembro de 1986) (1989) / Justo G. Beramendi (ed. lit.), Ramón Villares (ed. lit.), Páxs. 425-432. ISBN 84-7191-568-5. "Guía docente de Didáctica xeral". En Unha educación social en perspectiva europea I: o proxecto piloto para a implantación do sistema de créditos europeos (ECTS) en primeiro curso de educación social (2007). Coord. por Xosé Manuel Cid Fernández; M. Carmen Benso Calvo (aut.). Páxs. 29-52. ISBN 978-84-8408-449-5. "La Recepción de Tagore en España, Portugal y América Latina". En Redescubriendo a Tagore: 150 aniversario del nacimiento del poeta indio (2011). Coord. por Shyama Prasad Ganguly, Indranil Chakravarty. Páxs. 242-263. ISBN 978-81-921843-1-9 "Brazil". En Rabindranath Tagore: One Hundred Years of Global Reception (2014). Martin Kämpchen (aut.), Bangha Imre (aut.), Uma Das Gupta (aut.). Páxs. 568-576. ISBN 978-81-250-5568-6. "Portugal and Galicia: Portuguese-Speaking Regions II". En Rabindranath Tagore: One Hundred Years of Global Reception (2014). Martin Kämpchen (aut.), Bangha Imre (aut.), Uma Das Gupta (aut.). Paxs. 499-508. ISBN 978-81-250-5568-6. "Goa, Angola and Mozambique: Portuguese-Speaking Regions I". Páxs. 192-201. "Rabindranath Tagore, Zenobia Camprubí Aymar and Juan Ramón Jiménez". En Rabindranath Tagore And His Circle. (2015). Tapati Mukhopadhyay (ed. lit.), Amrit Sen (ed. lit.). Páxs. 69-78. ISBN 978-81-7522-601-2. "Tagore´s Educational Model and its Relation with the New School Movement". En Rabindranath Tagore: A mind Staring into Infinity (2016). Coord. por Chhanda Chatterjee. Páxs. 87-103. ISBN 978-93-84082-82-6. "Los admiradores de Tagore en España". En Encuentros culturales Indo-Españoles (1956-2016): Impactos y Visiones (2017). Coord. por Anil K. Dhingra, Gonçal Artur López Nadal. Páxs. 367-396. ISSN 1-901849-8-9.
Coordenador
SpyanishvashI dunia O Robindranath (2016). Obosor. Trad. Torum Kumar Ghotok. ISBN 978-984-8797-47-1. Amar Tagore, amar Santiniketon. Páxs. 224-234. Rabindranath ebong notun sikkhacinta. Páxs. 235-239. Rabindranath, mukto sikkhaprotisthan ebong Paul Geheeb-er Sikkhaloy. Páxs. 240-248.
Notas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Piñor Categoría:Finados en 2021 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pedagogos de Galicia