Nomadland é un filme estadounidense escrito e dirixido por Chloé Zhao. Baséase no libro Nomadland: Surviving America in the Twenty-First Century escrito por Jessica Bruder, e narra a historia dunha muller que abandona a súa poboación para emprender unha viaxe polo oeste dos Estados Unidos. Está protagonizado por Frances McDormand, David Strathairn e os nómades reais Linda May, Swankie e Bob Wells interpretando versións ficticias deles mesmos. Foi estreado o 11 de setembro de 2020 no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o León de Ouro.

Nomadland recibiu a aclamación por parte da crítica especializada, que eloxiou a dirección, a fotografía e as interpretacións, especialmente a de McDormand. Foi candidata a seis premios Óscar en 2021, dos que gañou tres, ao mellor filme, á mellor dirección e á mellor actriz. Tamén recibiu dous Globos de Ouro (mellor filme dramático e mellor dirección), catro Critics' Choice Awards, catro Independent Spirit e catro BAFTA.

Argumento No poboado de Empire (Nevada), en 2011, Fern perde o seu emprego despois do peche dunha fábrica de materiais de construción onde traballou durante anos xunto co seu marido, que faleceu hai pouco. Fern decide vender a maioría das súas pertenzas e comprar unha furgoneta para vivir e viaxar polos Estados Unidos na procura de traballo como nómade contemporánea.

Elenco Frances McDormand como Fern David Strathairn como David Linda May como Linda Charlene Swankie como Swankie Bob Wells como Bob Peter Spears como Peter

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Script

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chloé Zhao Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes rodados en California‎ Categoría:Filmes rodados en Nebraska Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Nebraska Categoría:Filmes ambientados en 2011 Categoría:Filmes ambientados en 2012 Categoría:Filmes ambientados en 2013 Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes de Searchlight Pictures Categoría:Filmes sobre a viuvez Categoría:Filmes sobre automóbiles Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX